Convención para reducir os casos de apátrida

Distribuir

Distribuir contido

Adoptada o 30 de agosto de 1961 por unha Conferencia de Plenipotenciarios que se reuniu en 1959 e novamente en 1961, en cumprimento coa Resolución 896 (IX) da Asemblea Xeral , de 4 de decembro de 1954.

Entrada en vigor: 13 de decembro de 1975, de conformidade co artigo 18.

 

Os Estados contratantes,

Actuando en cumprimento da resolución 896 (IX), adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 4 de decembro de 1954, e

Considerando conveniente reducir a apatridia mediante un acordo internacional,

Conviñeron no seguinte:

Artigo 1

1. Todo Estado contratante concederá a súa nacionalidade a persoa nacida no seu territorio que de 
outro modo sería apátrida. Esta nacionalidade concederase:

a) De pleno dereito no momento do nacemento, ou

b) Mediante solicitude presentada ante a autoridade competente polo interesado ou no seu nome, na forma prescrita pola lexislación do Estado de que se trate . Salvo o disposto no parágrafo 2 do presente artigo, a solicitude non poderá ser rexeitada.

2. Todo Estado contratante que teña unha lexislación que prevea a concesión da súa nacionalidade mediante solicitude, segundo o apartado b do presente parágrafo, poderá así mesmo conceder a súa nacionalidade de pleno dereito a idade e as condicións que prescriba a súa lexislación nacional.

3. Todo Estado contratante poderá subordinar a concesión da súa nacionalidade segundo o apartado do parágrafo 1 do presente artigo a unha ou máis das condicións seguintes:

a) Que a solicitude se presente dentro dun período fixado polo Estado contratante, que deberá comezar a máis tardar a idade de 18 anos e que non poderá rematar antes da idade de 21 anos, entendéndose que o interesado deberá dispoñer de un prazo dun ano, polo menos, para subscribir a solicitude persoalmente e sen habilitación;

b) Que o interesado residira habitualmente no territorio nacional por un período fixado polo Estado contratante, sen que poida esixirse unha residencia de máis de dez anos en total nin que o período inmediatamente anterior a presentación da solicitude exceda os cinco anos;

c) Que o interesado non fose condenado por un delicto contra a seguridade nacional nin a unha pena de cinco ou máis anos de prisión por un feito criminal;

d) Que o interesado non adquirira unha nacionalidade ó nacer ou posteriormente.

Non obstante o disposto no apartado b do parágrafo 1 e no parágrafo 2 do presente artigo, todo fillo nacido dentro do matrimonio no territorio dun Estado contratante que teña unha nai que sexa nacional dese Estado , adquirirá no momento do nacemento da nacionalidade de dito Estado si de outro modo sería apátrida.

4. Todo Estado contratante concederá a súa nacionalidade a persoa que de outro modo sería apátrida e que non puido adquirir a nacionalidade do Estado contratante cando naceu no territorio deste Estado por pasar a idade fixada para a presentación da solicitude ou por non reunir os requisitos de residencia esixidos, se no momento do nacemento do interesado un dos pais tiña nacionalidade do Estado contratante mencionado en primeiro termo.

Se os pais non tiñan a mesma nacionalidade no momento do nacemento da persoa, a lexislación do Estado contratante o que se lle solicite a nacionalidade determinará se esta persoa segue a condición do pai ou da nai . Se a nacionalidade así determinada se concede mediante a presentación dunha solicitude, tal solicitude deberá ser presentada pola persoa interesada ou no seu nome ante a autoridade competente e na forma prescrita polo lexislación do Estado contratante.

5. Todo Estado contratante poderá subordinar a concesión da súa nacionalidade segundo o parágrafo 4 do presente artigo a unha ou varias das condicións seguintes:

a) Que a solicitude se presente antes de que o interesado alcance a idade determinada polo Estado contratante, que non poderá ser inferior os 23 anos;

b) Que o interesado residira habitualmente no territorio do Estado contratante durante un período inmediatamente anterior á presentación da solicitude determinado por ese Estado, sen que poida esixirse que dito período exceda de tres anos;

c) Que o interesado non adquirise unha nacionalidade ó nacer ou posteriormente.

Artigo 2

Salvo proba en contrario, presúmese que un expósito que fora atopado no territorio dun Estado contratante nacido nese territorio, de pais que posúen a nacionalidade dese Estado.

Artigo 3

A efectos de determinar as obrigacións dos Estados contratantes na presente Convención, o nacemento a bordo dun buque ou nunha aeronave considerarase, segundo sexa o caso, como ocorrido no territorio do Estado pabellón enarbore o buque ou no territorio do Estado en que este matriculada a aeronave.

Artigo 4

1.Todo Estado contratante concederá a súa nacionalidade a unha persoa que non houbera nacido no territorio dun Estado contratante e que de outro modo sería apátrida se no momento do nacemento do interesado un dos pais tiña a nacionalidade do primeiro deses Estados. Se os pais non teñen a mesma nacionalidade no momento do nacemento da persoa, a lexislación de dito Estado contratante determinará se o interesado segue a condición do pai ou da nai. A nacionalidade a que se refire este parágrafo concederase:

a) De pleno dereito no momento do nacemento, ou;

b) Mediante solicitude presentada ante a autoridade competente polo interesado ou no seu nome, na forma prescrita pola lexislación do Estado de que se trate. Salvo o disposto no parágrafo 2 do presente artigo, a solicitude non poderá ser rexeitada.

2. Todo Estado contratante poderá subordinar a concesión da nacionalidade, segundo o parágrafo 1 do presente artigo, a unha ou varias condicións seguintes:

a) Que a solicitude se presente antes de que o interesado acade a idade determinada polo Estado contratante, a que non poderá ser inferior a 23 anos;

b) Que o interesado residira habitualmente no territorio do Estado contratante durante un período inmediatamente anterior a presentación da solicitude determinado por ese Estado, sen que poida esixírselle que dito período exceda de tres anos;

c) Que o interesado non fose condenado por un delicto contra a seguridade nacional;

d) Que o interesado non adquirira unha nacionalidade ó nacer ou posteriormente.

Artigo 5

Se a lexislación dun Estado contratante prevé a perda da nacionalidade como consecuencia dun cambio de estado tal como o matrimonio, a disolución do matrimonio , a lexitimación, o recoñecemento ou a adopción, dita perda estará suxeita a posesión ou a adquisición da nacionalidade de outro Estado.

Se, de conformidade coa lexislación dun Estado contratante, un fillo natural perde a nacionalidade de dito Estado como consecuencia de un recoñecemento de filiación, ofreceráselle a posibilidade de recobrala mediante unha solicitude presentada ante a autoridade competente, solicitude que non poderá ser obxecto de condicións máis estrictas que as determinadas no parágrafo 2 do artigo 1 da presente Convención.

Artigo 6

Se a lexislación dun Estado contratante prevé que o feito de que unha persoa perda a súa nacionalidade ou se vexa privada de ela entraña a perda de esa nacionalidade polo cónxuxe ou os fillos, a perda da nacionalidade por estes últimos estará subordinada a posesión ou a adquisición de outra nacionalidade.

Artigo 7

1.

a) Se a lexislación dun Estado contratante prevé a renuncia á nacionalidade, dita renuncia soamente será efectiva se o interesado ten ou adquire outra nacionalidade;

b) A disposición do apartado a do presente parágrafo non se aplicará cando a súa aplicación sexa incompatible cos principios enunciados nos artigos 13 e 14 da Declaración Universal de Dereitos Humanos, aprobada o dez de decembro de 1948 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

2. O nacional dun Estado contratante que solicite a naturalización nun país estranxeiro non perderá a súa nacionalidade a menos que adquira ou se lle dera a seguridade de que adquirirá a nacionalidade de dito país.

Salvo no disposto nos parágrafos 4 e 5 do presente artigo, o nacional dun Estado contratante non poderá perder a súa nacionalidade, se o perdela se convertera en apátrida, polo feito de abandonar o país da nacionalidade que ten, residir no estranxeiro, deixar de inscribirse no rexistro correspondente a calquera outra razón análoga.

Os naturalizados poden perder a nacionalidade por residir no estranxeiro durante un período fixado pola lexislación do Estado contratante, que non poderá ser menor de sete anos consecutivos, se non declaran ante as autoridades competentes a súa intención de conservar a súa nacionalidade.

No caso dos nacionais dun Estado contratante nacidos fora do seu territorio, a lexislación de ese Estado poderá subordinar a conservación da nacionalidade, a partir do ano seguinte a data no que o interesado alcance a maioría d idade, o cumprimento do requisito de residencia en aquel momento no territorio do Estado ou de inscrición no rexistro correspondente.

Salvo nos casos a que se refire o presente artigo, unha persoa non perderá a nacionalidade de un Estado contratante, se dita pérdida pode convertela en apátrida, aínda que dita perda non este expresamente prohibida por ningunha outra disposición da presente convención.

Artigo 8

1. Os Estados contratantes non privarán da súa nacionalidade a unha persoa se esa privación a convertese en apátrida.

2. Non obstante o disposto no parágrafo 1 do presente artigo, unha persoa poderá ser privada da nacionalidade dun Estado contratante:

a) Nos casos en que, con arreglo os parágrafos 4 e 5 do artigo 7, cabe prescribir que perda a súa nacionalidade;

b) Cando esa nacionalidade fose obtida por declaración falsa ou fraude.

3. No obstante o disposto no parágrafo 1 do presente artigo, os Estados contratantes poderán conservar a facultade para privar a unha persoa da súa nacionalidade se no momento da firma, ratificación ou adhesión especifican que se reservarán tal facultade por un ou varios dos seguintes motivos, sempre que estes estén previstos na súa lexislación nacional nese momento:

a) Cando, en condicións incompatibles co deber de lealdade ó Estado contratante, a persoa,

i) A pesar de unha prohibición expresa do Estado contratante, prestara ou seguira prestando servicios a outro Estado, recibira ou seguira recibindo cartos de outro Estado, ou

ii) Se conducira dunha maneira gravemente prexudicial para os intereses esenciais do Estado;

b) Cando a persoa prestara xuramento de lealdade ou feito unha declaración formal de lealdade a outro Estado, ou dado probas decisivas da súa determinación de repudiar a lealdade que debe ó Estado contratante.

4. Os Estados contratantes só exercerán a facultade de privar a unha persoa da súa nacionalidade, nas condicións definidas nos parágrafos 2 ou 3 do presente artigo, en conformidade coa lei, a cal proporcionará o interesado a posibilidade de servirse de tódolos seus medios de defensa ante un tribunal ou calquera outro órgano independente.

Artigo 9

Os Estados contratantes non privarán da súa nacionalidade a ningunha persoa ou a ningún grupo de persoas, por motivos raciais relixiosos, étnicos ou políticos.

Artigo 10

Todo tratado entre os Estados contratantes que dispoña a transferencia dun territorio incluirá disposicións para asegurar que ningunha persoa se converterá en apátrida como resultado de dita transferencia. Os Estados contratantes porán o maior empeño en asegurar que ditas disposicións figuren en todo tratado de esa índole que concerten con un Estado que non sexa parte na presente Convención.

A falta de tales disposicións, o Estado contratante o que se cedera un territorio ou que de outra maneira adquirira un territorio concederá a súa nacionalidade as persoas que de outro modo converteríanse en apátridas como resultado da transferencia ou adquisición de dito territorio.

Artigo 11

Os Estados contratantes comprométense a promover a creación dentro da órbita das Nacións Unidas, tan pronto como sexa posible despois do depósito do sexto instrumento de ratificación ou adhesión, de un organismo o que poderán acudir as persoas que se crean con dereito a acollerse a presente Convención, para que examine a súa pretensión e as asista na presentación da mesma ante a autoridade competente.

Artigo 12

En relación con un Estado contratante que non conceda a súa nacionalidade de pleno dereito, segundo o parágrafo 1 do artigo 1 ou do artigo 4 da presente Convención, no momento do nacemento da persoa, unha ou outra disposición, segundo sexa o caso, será de aplicación as persoas nacidas tanto antes como despois da data de entrada en vigor da presente Convención.

O parágrafo 4 do artigo 1 da presente Convención será de aplicación as persoas nacidas tanto antes como despois da data de entrada en vigor da presente Convención.

O artigo 2 da presente Convención aplicarase só os expósitos emprazados no territorio dun Estado contratante despois da data de entrada en vigor da presente Convención para ese Estado.

Artigo 13

Nada do establecido na presente Convención oporase a aplicación das disposicións máis favorables para a reducción dos casos de apatridia que figuren na lexislación nacional en vigor nos Estados contratantes, ou en calquera outro tratado, convención ou acordo que este en vigor ou que se poña en vigor nos Estados contratantes, ou en calquera outro tratado, convención ou acordo que estr en vigor ou que entre en vigor entre dous ou máis Estados contratantes.

Artigo 14

Toda controversia que xurda entre Estados contratantes referente á interpretación ou a aplicación da presente Convención , que non poida ser solucionada por outros medios, poderá ser sometida a Corte Internacional de xustiza por calquera das partes na controversia.

Artigo 15

1. A presente Convención aplicarase a tódolos territorios non autónomos, en fideicomiso, coloniais e outros territorios non metropolitanos dos que as súas relacións internacionais estea encargado calquera Estado contratante; o Estado contratante interesado deberá, sen prexuicio das disposicións do parágrafo 2 do presente artigo, declarar no momento da firma, ratificación ou adhesión a que territorio ou territorios non metropolitanos aplicarase ipso facto a Convención en razón de tal firma, ratificación ou adhesión.

2. Nos casos en que, para os efectos da nacionalidade, un territorio non metropolitano non sexa considerado parte integrante do territorio metropolitano, ou nos casos en que se requira o previo consentimento de un territorio non metropolitano en virtude das leis ou prácticas constitucionais do Estado contratante ou do territorio non metropolitano para que a Convención se aplique a dito territorio, o Estado contratante tratará de lograr o consentimento necesario do territorio non metropolitano dentro do termo de 12 meses a partir da data da firma da Convención por ese Estado contratante, e cando se lograra tal consentimento o Estado contratante notificarao o Secretario Xeral das Nacións Unidas. A presente convención aplicarase o territorio ou territorios mencionados en tal notificación dende a data na que a reciba o Secretario Xeral.

3. Despois da expiración do remate de 12 meses mencionado no parágrafo 2 do presente artigo, os Estados contratantes interesados informarán o Secretario Xeral dos resultados das consultas celebradas con aqueles territorios non metropolitanos dos cales están encargados das súas relacións internacionais e dos que o seu consentimento para a aplicación da presente Convención quedara pendente

Artigo 16

A presente Convención quedará aberta a firma na Sede das Nacións Unidas do 30 de agosto de 1961 ó 30 de maio de 1962.

A presente Convención quedará aberta a firma:

a) De todos os Estados Membros das Nacións Unidas;

b) De calquera outro Estado invitado a Conferencia das Nacións Unidas sobre a supresión ou a reducción da apatridia no porvir;

c) De todo Estado o cal a Asemblea Xeral das Nacións Unidas dirixe unha invitación ó efecto da firma ou da adhesión.

A presente Convención será ratificada e os instrumentos de ratificación depositaranse en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Os Estados a que se refire o parágrafo 2 do presente artigo poderán adherirse a esta Convención. A adhesión efectuarase mediante o depósito de un instrumento de adhesión efectuarase mediante o depósito dun instrumento de adhesión en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Artigo 17

No momento da firma, a ratificación ou adhesión, todo Estado pode formular reservas os artigos 11, 14 e 15.

Non poderá facerse ningunha outra reserva á presente Convención.

Artigo 18

A presente Convención entrará en vigor dous anos despois da data de depósito so sexto instrumento de ratificación ou adhesión.

Para todo Estado que ratifique ou se adira á presente Convención despois do depósito do sexto instrumento de ratificación ou adhesión, a Convención entrará en vigor o nonaxésimo día seguinte a data do depósito por dito Estado do seu instrumento de ratificación ou adhesión ou na data de entrada en vigor da Convención de acordo co parágrafo 1 do presente artigo se esta última data é posterior.

Artigo 19

Todo Estado contratante poderá renunciar a presente Convención en calquera momento, mediante notificación escrita dirixida ó Secretario Xeral das Nacións Unidas. A denuncia surtirá efecto respecto de dito Estado un ano despois da data en que o Secretario Xeral a recibise.

Nos casos en que, de conformidade co disposto no artigo 15, a presente Convención se fixera aplicable a un territorio non metropolitano dun Estado contratante, este, co consentimento do territorio de que se trate, poderá dende entonces, notificar en calquera momento ó Secretario Xeral das Nacións Unidas que denuncia a Convención polo que respecta a dito territorio, a denuncia surtirá efecto un ano despois da data en que foi recibida a notificación e da data en que recibira a tódolos demais Estados contratantes.

Artigo 20

O Secretario Xeral das Nacións Unidas notificará a tódolos Estados Membros das Nacións Unidas e os Estados non Membros mencionados no artigo 16;

a) As firmas, ratificacións e adhesións previstas no artigo 16;

b) As reservas formuladas con arreglo ó previsto no artigo 17;

c) A data na que a presente Convención entrará en vigor en aplicación do disposto no artigo 18;

d) As denuncias previstas no artigo 19.

O Secretario Xeral das Nacións Unidas sinalará a atención da Asemblea Xeral, a máis tardar despois do depósito do sexto instrumento de ratificación ou adhesión, a cuestión da creación de conformidade co disposto no artigo 11, do organismo mencionado neste artigo.

Artigo 21

A presente Convención será rexistrada polo Secretario Xeral das Nacións Unidos na data da súa entrada en vigor.

EN FE DO CAL, os plenipotenciarios infraescritos firmaron a presente Convención.

FEITO EN NOVA YORK, o trinta de agosto de mil novecentos sesenta e un, en un só exemplar, con textos en chino, español, francés, inglés e ruso fan fe por igual, que será depositado nos arquivos das Nacións Unidas e do cal o Secretario Xeral das Nacións Unidas entregará copias debidamente certificadas a tódolos Estados Membros das Nacións Unidas e a tódolos Estados non membros os que se fai referencia no artigo 16 da presente Convención.

 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais