Tratado Antártico

Distribuir

Distribuir contido

Os Gobernos de Arxentina, Australia, Bélxica, Chile, a República Francesa, Xapón, Nova Zelanda, Noruega, a Unión de África do Sur, a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e os Estados Unidos de América,

Recoñecendo que é en interese de toda a humanidade que a Antártida continúe utilizándose sempre exclusivamente para fins pacíficos e que non chegue a ser escenario ou obxecto de discordia internacional,

Recoñecendo a importancia das contribucións aportadas ó coñecemento científico como resultado da cooperación internacional na investigación científica na Antártida,

Convencidos de que o establecemento dunha base sólida para a continuación e o desenvolvemento de dita cooperación, fundada na liberdade de investigación científica na Antártida, como fora aplicada durante o Ano Xeofísico Internacional, concorda cos intereses da ciencia e o progreso de toda a humanidade,

Convencidos, tamén, de que un Tratado que asegure o uso da Antártida exclusivamente para fins pacíficos e a continuación da armonía internacional na Antártida promoverá os propósitos e principios enunciados na Carta das Nacións Unidas,

Acordaron o seguinte:

Artigo 1

1. A Antártida utilizarase exclusivamente para fins pacíficos. Prohíbese, entre outras, toda medida de carácter militar, tal coma o establecemento de bases e fortificacións militares, a realización de manobras militares, así coma os ensaios de toda clase de armas.

2. O presente Tratado non impedirá o emprego de persoal ou equipos militares para investigacións científicas ou para calquer outra finalidade pacífica.

Artigo 2

A liberdade de investigación científica na Antártida e a cooperación hacia ese fin, como foran aplicadas durante o Ano Xeofísico Internacional, continuarán suxeitas ás disposicións do presente Tratado.

Artigo 3

1. Co fin de promover a cooperación internacional na investigación científica na Antártida, prevista no artículo 2º do presente Tratado, as Partes Contratantes acordan proceder, na media máis ampla posible:

a) Ao intercambio de información sobre os proxectos de programas científicos na Antártida, a fin de permitir o máximo de economía e eficiencia nas operacións.

b) Ao intercambio de persoal científico entre as expedicións e estacións na Antártida.

c) Ao intercambio de observacións e resultados científicos sobre a Antártida, os cales estarán dispoñibles libremente.

2. Ao aplicarse este artículo darase o maior estímulo ó establecemento de relacións cooperativas de traballo con aqueles Organismos especializados das Nacións Unidas e con outras organizacións internacionais que teñan interese científico ou técnico na Antártida.

Artigo 4

1. Ningunha disposición do presente Tratado interpretarase:

a) como unha renuncia, por calquera das Partes Contratantes, ós seus dereitos de soberanía territorial ou ás reclamacións territoriais na Antártida que houbera feito valer precedentemente.

b) Como unha renuncia ou menoscabo por calquera das Partes Contratantes a calquer fundamento de reclamación de soberanía territorial na Antártida que poidera ter, xa sexa como resultado das súas actividades ou das dos seus nacionais na Antártida, ou por calquer outro motivo.

c) Como perxudicial á posición de calquera das Partes Contratantes, no concerniente ó seu recoñecemento ou non recoñecemento do dereito de soberanía territorial, dunha reclamación ou dun fundamento de reclamación de soberanía territorial de calquer outro Estado na Antártida.

2. Ningún acto ou actividade que se leve a cabo mentres o presente Tratado se atope en vixencia constituirá fundamento para facer valer, apoiar ou negar unha reclamación de soberanía territorial na Antártida, nin para crear dereitos de soberanía nesta rexión. Non se farán novas reclamacións de soberanía territorial na Antártida, nin se ampliarán as reclamacións anteriormente feitas valer, mentras o presente Tratado se atope en vixencia.

Artigo 5

1. Toda explosión nuclear na Antártida e a eliminación de residuos radiactivos en dita rexión quedan prohibidas.

2. En caso de que se concluan acordos internacionais relativos ó uso da enerxía nuclear, comprendidas as explosións nucleares e a eliminación de residuos radiactivos, nos que sexan partes todas as Partes Contratantes cuios representantes estén facultados a participar nas reunións previstas no artículo 9º, as normas establecidas en tales acordos aplicaranse na Antártida.

Artigo 6

As disposicións do presente Tratado aplicaranse á rexión situada ó Sur dos 60º de latitude Sur, incluidas todas as barreiras de xelo; pero nada no presente Tratado perxudicará ou afectará en modo algún os dereitos ou o exercicio dos dereitos de calquer Estado conforme ó Dereito Internacional no relativo á alta mar dentro desa rexión.

Artigo 7

1. Co fin de promover os obxectivos e asegurar a aplicación das disposicións do presente Tratado, cada unha das Partes Contratantes, cuios representantes estén facultados a participar nas reunións a que se refire o artículo 9º deste Tratado, terá dereito a designar observadores para levar a cabo as inspeccións previstas no presente artículo. Os observadores serán nacionais da Parte Contratante que os designa. Os seus nomes comunicaranse a cada unha das demáis Partes Contratantes que teñen dereito a designar observadores e se lles dará igual aviso cando cesen nas súas funcións.

2. Todos os observadores designados de conformidade coas disposicións do párrafo 1 deste artículo gozarán de enteira liberdade de acceso, en calquer momento, a cada unha e a todas as rexións da Antártida.

3. Todas as rexións da Antártida e todas as estacións, instalacións e equipos que alí se atopen, así como todos os navíos e aeronaves nos puntos de embarque e desembarque de personal ou de carga na Antártida, estarán abertos en todo momento á inspección por parte de calquer observador designado de conformidade co párrafo 1 deste artículo.

4. A observación aérea poderá efectuarse, en calquer momento, sobre cada unha e todas as rexións da Antártida por calquera das Partes Contratantes que estén facultadas a designar observadores.

5. Cada unha das Partes Contratantes, ó entrar en vixencia respecto dela o presente Tratado, informará ás outras Partes Contratantes e, no sucesivo, lles informará por adiantado sobre:

a) Toda expedición á Antártida e dentro da Antártida na que participen os seus navíos ou nacionais, e sobre todas as expedicións á Antártida que se organicen ou partan do seu territorio.

b) Todas as estacións na Antártida ocupadas polos seus nacionais.

c) Todo personal ou equipos militares que se proxecte introducir na Antártida, con suxección ás disposicións do párrafo 2 do artículo 1º do presente Tratado.

Artigo 8

1. Co fin de facilitarlles o exercicio das funcións que lles otorga o presente Tratado, e sen perxuicio das respectivas posicións das Partes Contratantes no que concerne á xurisdicción sobre todas as demáis persoas n Antártida, os observadores designados dacordo co párrafo 1 do artículo 7º e o personal científico intercambiado dacordo co subpárrafo 1,b), do artículo 3º do Tratado, así coma os membros do personal acompañante de ditas personas, estarán sometidos só á xurisdicción da Parte Contratante da cal sexan nacionais, no referente ás accións ou omisións qye teñan lugar mentras se atopen na Antártida co fin de exercer as súas funcións.

2. Sen perxuicio das disposicións do párrafo 1 deste artículo, e en espera da adopción de medidas expresadas no subpárrafo 1, e), do artículo 9º, as Partes Contratantes implicadas en calquer controversia con respecto ó exercicio da xurisdicción na Antártida consultaranse inmediatamente co ánimo de acadar unha solución mutuamente aceptable.

Artigo 9

1. Os representantes das Partes Contratantes, nombradas no preámbulo do presente Tratado, reuniranse na cidade de Canberra dentro dos dous meses despois da entrada en vixencia do presente Tratado e, en adiante, a intervalos e en lugares apropiados, co fin de intercambiar informacións, consultarse mutuamente sobre asuntos de interese común relacionados coa Antártida e formular, considerar e recomendar ós seus Gobernos medidas para promover os principios e obxectivos do presente Tratado, inclusive medidas relacionadas con:

a) Uso da Antártida para fins exclusivamente pacíficos.

b) Facilidades para a investigación científica na Antártida.

c) Facilidades para a cooperación científica internacional na Antártida.

d) Facilidades para o exercicio dos dereitos de inspección previstos no artículo 7º do presente Tratado.

e) Cuestións relacionadas co exercicio da xurisdicción na Antártida.

f) Protección e conservación dos recursos vivos da Antártida.

2. Cada unha das Partes Contratantes que chegara a ser Parte do presente Tratado por adhesión, conforme ó artículo 13, terá dereito a nomear representantes que participarán nas reunións mencionadas no párrafo 1 do presente artículo, mentres dita Parte Contratante demostre o seu interese na Antártida mediante a realización nela de investigacións científicas importantes, como o establecemento dunha estación científica ou o envio dunha expedición científica.

3. Os informes dos observadores mencionados no artículo 7º do presente Tratado serán transmitidos ós representantes das Partes Contratantes que participen nas reunións a que se refire o párrafo 1 do presente artículo.

4. As medidas contempladas no párrafo 1 deste artículo entrarán en vixencia cando as aproben todas as Partes Contratantes, cuios representantes estiveron facultados a participar nas reunións que se celebraron para considerar estas medidas.

5. Calquera ou todos os dereitos establecidos no presente Tratado poderán ser exercidos desde a data da súa entrada en vixencia, xa sexa que as medidas para facilitar o exercicio de tales dereitos teñan sido ou non propostas, consideradas ou aprobadas conforme ás disposicións deste artículo.

Artigo 10

Cada unha das Partes Contratantes comprometese a facer os esforzos apropiados, compatibles coa Carta das Nacións Unidas, co fin de que ninguén leve a cabo na Antártida ningunha actividade contraria ós propósitos e principios do presente Tratado.

Artigo 11

1. No caso de xurdir unha controversia entre duas ou máis das Partes Contratantes, concerniente á interpretación ou á aplicación do presente Tratado, ditas Partes Contratantes consultaranse entre sí co propósito de resolver a controversia por negociación, investigación, mediación, conciliación, arbitraxe, decisión xudicial ou outros medios pacíficos, á súa elección.

2. Toda controversia desa naturaleza, non resolta por tales medios, será referida á Corte Internacional de Xustiza, co consentemento, en cada caso, de todas as partes en controversia, para a súa resolución; pero a falta de acordo para referila á Corte Internacional de Xustiza non dispensará ás partes en controversia da responsabilidade de seguir buscando unha solución por calquera dos diversos medios pacíficos contemplados no párrafo 1 deste artículo.

Artigo 12

1.

a) O presente Tratado poderá ser modificado ou enmendado, en calquer momento, co consentemento unánime das Partes Contratantes, cuios representantes estén facultados a participar nas reunións previstas no artículo 9º. Tal modificación ou tal enmenda entrará en vixencia cando o Goberno depositario fora notificado pola totalidade de ditas Partes Contratantes de que as ratificaron.

b) Subseguintemente, tal modificación ou tal enmenda entrará en vixencia para calquera outra Parte Contratante, cando o Goberno depositario recibira aviso da súa ratificación. Se non se recibe aviso de ratificación de dita Parte Contratante dentro de prazo de dous anos, contados desde a data de entrada en vixencia da modificación ou enmenda, en conformidade co disposto no subpárrafo 1, a), deste artículo, entenderase que deixou de ser Parte do presente Tratado na data de vencemento de tal prazo.

2.

a) Se despois de expirados trinta anos, contados desde a data de entrada en vixencia do presente Tratado, calquera das Partes Contratantes, cuios representantes estén facultados a participar nas reunións previstas no artículo 9º, así o solicita, mediante unha comunicación dirixida ó Goberno depositario, celebrarase, no menor prazo posible, unha Conferencia de todas as Partes Contratantes para revisar o funcionamento do presente Tratado.

b) Toda modificación ou toda enmenda ó presente Tratado, aprobada en tal Conferencia pola maioría das Partes Contratantes nela representadas, incluindo a maioría daqueles cuios representantes estén facultados a participar nas reunións previstas no artículo 9º, comunicarase a todas as Partes Contratantes polo Goberno depositario, inmediatamente despois de finalizar a Conferencia, e entrará en vixencia de conformidade co disposto no párrafo 1 do presente artículo.

c) Se tal modificación ou tal enmenda non houbera entrado en vixencia, de conformidade co disposto no subpárrafo 1, a), deste artículo, dentro dun período de dous anos, contados desde a data da súa comunicación a todas as Partes Contratantes, calquera das Partes Contratantes poderá, en calquer momento, despois da expiración de dito prazo, informar ó Goberno depositario que deixou de ser Parte do presente Tratado, e dito retiro terá efecto dous anos despois que o Goberno depositario recibira esta notificación.

Artigo 13

1. O presente Tratado estará suxeito á ratificación por parte dos Estados signatarios. Quedará aberto á adhesión de calquer Estado que sexa membro das Nacións Unidas, ou de calquer outro Estado que poida ser invitado a adherirse ó Tratado co consentemento de todas as Partes Contratantes cuios representantes estén facultados a participar nas reunións previstas no artículo 9º do Tratado.

2. A ratificación do presente Tratado ou a adhesión ó mesmo será efectuada por cada Estado dacordo cos seus procedementos constitucionais.

3. Os instrumentos de ratificación e os de adhesión serán depositados ante o Goberno dos estados Unidos de América, que será o Goberno depositario.

4. O Goberno depositario informará a todos os Estados signatarios e adherentes sobre a data de depósito de cada instrumento de ratificación ou de adhesión e sobre a data de entrada en vixencia do Tratado e de calquer modificación ou enmenda ó mesmo.

5. Unha vez depositados os instrumentos de ratificación por todos dos Estados signatarios, o presente Tratado entrará en vixencia para ditos Estados e para os Estados que teñan depositado os seus instrumentos de adhesión. No sucesivo, o Tratado entrará en vixencia para calquer Estado adherente unha vez que deposite o seu instrumento de adhesión.

6. O presente Tratado será rexitrado polo Goberno depositario conforme ó artículo 102 da Carta das Nacións Unidas.

Artigo 14

O presente Tratado, feito nos idiomas inglés, francés, ruso e español, sendo cada un destes textos igualmente auténtico, será depositado nos Arquivos do Goberno dos Estados Unidos de América, quen enviará copias debidamente certificadas do mesmo ós Gobernos dos Estados signatarios e dos adherentes.

En testemuño do cal, os infrascritos Plenipotenciarios, debidamente autorizados, suscriben o presente Tratado.

Feito en Washington o primeiro día do mes de decembro de 1959.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais