Unha nova Olanda

Unha nova Olanda?

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Europa

Un riguroso ensaio de xeografía humana, que polo seu interese xeral, terá axiña versión internacional, posto que trata un feito que o nacionalismo galego tradicionalmente desconsidera. Galicia é policéntrica: está integrada por cidades cada unha cunha identidade. Mas non só: no seu espazo natural, formado por 6,5 millóns de habitantes, unha vez que a UE disolveu as fronteiras políticas, imponse a xeografía, a física e a humana: unha unidade de mercado con continuidades culturais e sociais.