Distribuir contido

Bilderberg

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2180 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

11/06/2019
11/06/2019
Praza

Por unhas ou por outras, China está no primeiro plano da actualidade e semella ser o asunto xeopolítico do momento. Con difícil volta atrás, habería que dicir, cando menos por un tempo. Foi de certo un dos grandes temas sometidos a debate no recen celebrado encontro anual do Grupo Bilderberg. Falouse dela pero sen ela estar presente. De feito, China só estivo representada neste que moitos consideran o “conspiráculo” por excelencia, en 2011 e 2012, entón da man da diplomática Fu Ying, ex embaixadora en Londres e Canberra, muller altamente competente no seu. Bilderberg non goberna o mundo pero ten ao seu carón moitos lobbies que seguen despregando as súas artes na maior das opacidades. Que China non estea incluída en foros como este pode ser interpretado como un sinal de desconfianza e tamén como un recoñecemento explícito de que aínda non acepta as regras que define “Occidente” nin se somete ás súas redes.  

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais