“A vitoria de Petro é o triunfo dos indíxenas, os afro e os campesiños, é o triunfo da periferia en Colombia”
“Ganó Colombia”. Baixo esta mensaxe Gustavo Petro e Francia Márquez agradeceron na noite do pasado domingo os apoios recibidos na segunda volta das eleccións presidenciais colombianas, nas que a fórmula obtivo o 50,44% dos votos e derrotando ao candidato da dereita populista Rodolfo Hernández, que fora apoiado polas forzas conservadoras tradicionais do uribismo. Gustavo Petro, ex-alcalde de Bogotá, liderou baixo o nome de Pacto Histórico unha coalición de forzas da esquerda e do centroesquerda de Colombia, que por primeira vez acadan a Presidencia do país. Entrevista dispoñible en Praza.gal