Distribuir contido

Descontento

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2205 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

30/10/2019
30/10/2019
IGADI

A atención nas protestas que vense levando a cabo en América Latina non debe descoidar outros escenarios onde se presentan igualmente fortes manifestacións de malestar cidadá, tal e como se está observando actualmente coas protestas en Líbano e Iraq. O primeiro ministro libanés Saad al Hariri renunciou ao seu cargo tras días de protestas nas rúas. E na veciña Iraq, milleiros de manifestantes protestan pola corrupción e a precariedade económica. Ámbolos dous casos, o libanés e o iraquí, reflicten sistemas políticos fráxiles determinados por múltiples equilibrios políticos, en gran medida supeditados a identidades de carácter confesional, toda vez a persistencia do conflito sirio e o pulso hexemónico rexional entre potencias rivais (Irán, Israel, Arabia Saudita) contribúen a fragmentar aínda mais o panorama. En perspectiva, estamos observando a codificación dunha era do malestar global, presente nas rúas dende Quito e Santiago de Chile ata Hong Kong, de París a Beirut e Bagdad.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais