EPL : Palabra chave

Capa do Tempos Novos nº304

Mar rizado en Taiwán

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos China e o mundo chinés

A través da resposta chinesa en forma de grandes manobras militares pero igualmente de decisións políticas, diplomáticas e económicas, puidemos apreciar os graves efectos da recente visita da presidenta do Congreso dos EUA, Nancy Pelosi, á illa de Formosa, así bautizada polos portugueses en 1590 en razón da súa beleza. As augas permanecerán axitadas durante bastante tempo e o difícil xogo xeoestratéxico que se está a desenvolver no estreito de Taiwán ameaza con se converter nun dos grandes conflitos no século XXI. Nesta ocasión, dende a perspectiva das autoridades chinesas, a decisión de repudiar a visita da terceira figura mais relevante na xerarquía institucional estadounidense a Taipéi, manifestada de forma insistente nas semanas e días previos, acadou o nivel coñecido como “wu wei yan zhi bu yu”, o máis elevado en termos de advertencia precisamente para remarcar que se trata dunha liña vermella.

20220803114928707

A quenda de Taiwán?

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos China e o mundo chinés

A visita de Nancy Pelosi a Taipéi pode marcar un punto de inflexión significativo nas dinámicas do problema de Taiwán, o máis sensible nas relacións China-EUA. De entrada, ten potencial abondo para sinalar a que sería a cuarta crise do Estreito tralas de 1954, 58, e 95-97. No actual contexto, podemos prepararnos para unha secuencia …

A quenda de Taiwán? Ler máis »

Unha China irrecoñecible?

China está cambiando. Non é só que aquela imaxe dunha China economicamente imbatible se nos antolla agora máis fráxil á vista da súa dolorosa reestruturación, inevitable por outra banda para completar a súa modernización. Os cambios afectan a outros aspectos nos que o xigante asiático modifica a paso acelerado aqueloutra imaxe dunha China centrada na …

Unha China irrecoñecible? Ler máis »

O novo exército de Xi Jinping

A defensa é unha das “catro modernizacións” (coa industria, a agricultura e a ciencia e tecnoloxía) enunciadas nos anos sesenta polo entón primeiro ministro Zhou Enlai para lograr o desenvolvemento do país. A Revolución Cultural (1966-1976) deu ao traste temporalmente con aquel empeño pero a reforma e apertura de Deng Xiaoping (a partir de 1978) …

O novo exército de Xi Jinping Ler máis »