Guiné-Bissau, un caso mais de “Estado fallado”

Apartados xeográficos África

A Guiné-Bissau é un pequeno estado encadrado na costa da África Occidental. No pasado foi maiormente coñecido como a “Guinea Portuguesa´´, tornándose independente a partires de 1974, converténdose daquela na primeira colonia de Portugal na África que viu recoñecida oficialmente a súa plena soberanía.