Distribuir contido

EUA

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2474 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

14/01/2022
14/01/2022
Tempos Novos

Nada invita a pensar que o exercicio entrante 2022 experimentará unha modificación substancial da axenda precedente. En efecto, tras un ano de presidencia da Administración Biden nos EUA, os fundamentos da nova contenda estratéxica global establecidos durante o mandato de Donald Trump víronse non só confirmados senón mesmo acentuados, ensaiándose agora opcións sen dúbida máis eficientes e afastadas do histrionismo do líder republicano.

18/12/2021
18/12/2021
Nós (Anuario 2021)

Da toma de posesión de Joe Biden como presidente estadounidense en xaneiro á celebración do cumio co líder chinés Xi Jinping en novembro fóisenos un ano marcado polo asentamento crónico das tirapuxas entre Washington e Beijing que actúan como un dos principais moldeadores do panorama internacional. É nese contexto no que se foi producindo tamén un reasentamento estratéxico de importantes actores internacionais.

30/10/2021
01/10/2021
Tempos Novos

O 11 de Setembro, 20 anos despois do fatídico 11S, os EUA debían completar a retirada das súas tropas de Afganistán, cumprindo así coa promesa realizada nos acordos subscritos cos Talibán en Doha en febreiro de 2020.

16/05/2021
17/05/2021
Praza

Ten, por fin, a guerra que buscaba e precisaba para desatascar a parálise política de Israel, tras catro eleccións frustradas e cun encoraxamento á alza dos ultranacionalistas xudeus. Netanyahu, o primeiro ministro que máis tempo leva no cargo, observaba con preocupación como os seus rivais, desta vez podían chegar a formar un goberno para desbancalo. A guerra é o balón de osixeno que lle permite coller aire cando esas negociacións esvaran. Que alegaron os que se retiraron da negociación alternativa? Os enfrontamentos. Todo vale para Netanyahu. As vítimas, palestinas ou israelitas, milicianos ou civís, pouco importan. Xa dixo que as operacións “levarán tempo”, o que precise para selar a súa permanencia no poder.

15/05/2021
23/04/2021
Praza

En Cuba, o relevo no liderado do PCC abre unha nova etapa, irreversible, entre o continuísmo, a exploración e o cambio xeracional. A cuestión central para os próximos anos é a supervivencia sistémica, a capacidade de preservación ou non da singularidade que fixo da illa caribeña un referente para toda América Latina e parte do mundo. En Taiwán, no outro extremo, tamén a supervivencia, neste caso o statu quo a través do Estreito, está en xogo, ameazado polo incremento das tensións entre os EUA e a China, inmersos nunha dinámica ascendente de acción-reacción. Con seguridade, as dúas illas darán moito que falar ao longo da presente década.

28/02/2021
28/02/2021
IESIDE

Nunha recente previsión do Fondo Monetario Internacional (FMI), previa á pandemia, cifrábanse as expectativas da relevancia do PIB en termos de paridade de poder de compra para 2024. Segundo as súas estimacións, China representaría entón o 21,4 por cento (18,7 por cento en 2018) fronte ao 13,9 por cento dos EUA (en 2018, 15,2 por cento). No suposto da UE, India e Xapón serían, respectivamente, 14,6, 9,58 e 3,5 por cento (16,3, 7,74, e 4,13 por cento en 2018). A tendencia é coñecida e diríase que imparable. Pero, en que medida a Covid-19 pode alterar esta evolución?

03/01/2021
02/01/2021
Praza

Co relevo presidencial no horizonte, o balance da Administración Trump quedará marcado pola pésima xestión da pandemia. Non é só que os EUA teñan o maior número de infeccións e de mortes no mundo, unha circunstancia que contrasta chamativamente coa excelencia da súa tecnoloxía médica e os seus abundantes recursos en materia sanitaria, senón tamén a súa abdicación do liderado global na cooperación internacional contra a Covid-19, ata o punto de se retirar da Organización Mundial da Saúde.

01/12/2020
01/12/2020

Superados los intentos del golpe de estado institucional desarrollados por Trump, se pasa ahora a un nuevo capítulo: la lucha por el control del Senado Federal. En efecto, luego de los intentos infructuosos de Trump por separar el mandato de los electores de la conformación del Colegio Electoral, y no existiendo duda alguna con respecto a la elección de Biden, el tema político clave es la conformación del Senado.

31/10/2020
31/10/2020
Tempos Novos

O ton principal das estratexias de seguridade nacional da Administración Trump foi sintetizado no discurso que o vicepresidente Mike Pence pronunciou en outubro de 2018 no Hudson Institute. Washington identifica a China como o principal rival estratéxico, o único en condicións de quebrar a súa hexemonía global. Alertados polo énfase do presidente chinés Xi Jinping en tirar proveito da actual oportunidade para lograr a revitalización nacional culminando o proceso de modernización iniciado a finais do século XIX, a Casa Branca rebentou abruptamente a política de cooperación iniciada nos anos setenta do pasado século pasando da contención tibia dos últimos anos á confrontación aberta.

17/10/2020
17/10/2020
Praza

A OTAN asiática está en marcha, e chámase QUAD. Resume a importancia que os EUA outorgan a esta alianza o feito de que o Secretario de Estado Mike Pompeo, pese á pandemia e pese mesmo ao positivo de Donald Trump, viaxou igualmente a Tokio para se reunir cos seus pares de Xapón, India e Australia. A finais de agosto, o secretario de Estado adxunto Stephen Biegun aclaraba que urxía transformar o QUAD nunha especie de nova OTAN para Asia Pacífico con base no reforzamento dos lazos entre estes catro países.

02/10/2020
02/10/2020
Praza

En realidade, o debate que se celebrou recentemente, o primeiro de tres, en Cleveland, Ohio, entre o presidente dos EUA, Donald Trump, e o seu rival demócrata, Joe Biden, foi pre-electoral tan só cronoloxicamente. De certo, o que foi, no seu ton, é un adianto do que podería resultar unha grande controversia post-electoral tralo reconto.

01/07/2020
01/07/2020
Tempos Novos

A morte de George Floyd desencadeou todo un feixe de protestas a gran escala en moitas cidades dos EUA que se veñen prolongando durante semanas. “Big Floyd”  foi vítima do oficial Derek Chauvin, de 44 anos, con 18 denuncias nas súas costas polo uso excesivo da violencia no exercicio das súas funcións en 19 anos de carreira profesional. Chauvin aplicoulle unha técnica de inmobilización aprendida dos marines. En oito minutos e corenta e seis segundos, a presión sobre o seu pescozo deveu en asfixia. O acontecido colmou o vaso da paciencia da comunidade afroamericana e serviu de catalizador do desamparo e da carraxe contra a violencia policial. Pero tamén, no contexto da propagación descontrolada da pandemia, abriu a espita da primeira gran protesta cívica contra Donald Trump a cinco meses da convocatoria electoral na que aspira a repetir mandato.

01/05/2020
02/05/2020
Faro de Vigo

Debe ser esta a primeira vez en moitos séculos que un problema de saúde pública ameaza con partir augas no sistema internacional. A medida que a pandemia se estende polas grandes economías de Occidente, as críticas a China medran en paralelo. Que se o virus saíu dun laboratorio, que se ocultou datos, que se mente nas cifras…. As acusacións non só foron desmentidas polas autoridades orientais senón tamén por científicos e organismos internacionais. O certo é que en Asia, non só na China, fixérono mellor na contención, teñen máis experiencia e están máis preparados para estas continxencias. Eles xa pasaron por isto. Aquí, poucos pensaban que fora a chegar. E como pasou o que pasou, hai que buscar culpables fóra. Aínda que tiveramos toda a información do mundo, calquera que insinuara facer caso sería cualificado de alarmista. Ata Venezuela fíxoo mellor. Ah, pero entón os seus datos tamén son falsos.

01/05/2020
01/05/2020
Tempos Novos

A irrupción mundial do novo coronavirus alterou as axendas inmediatas en todo o planeta. Ata a chegada da anhelada vacina será indispensable a adopción de numerosas medidas de prevención e control. E tralo Covid-19 o mundo será outro, din moitos. Será tanto así? Haberá que repensar sistemas de saúde, xerarquía de ameazas, protocolos de actuación, unha nova conceptualización das industrias estratéxicas, nivel da cooperación internacional, etc., un cúmulo de asuntos que incidirán nas nosas vidas. Esta é a crise máis difícil dende a Segunda Guerra Mundial, afirmou o portugués António Guterres, secretario xeral das Nacións Unidas.

08/04/2020
08/04/2020
Praza

Foi o profesor estadounidense Graham Allison, director do Centro Belfer de Ciencias e Asuntos Internacionais na Kennedy School de Harvard, e autor do libro " Destined for War: Can America and China Escape Thucydides's Trap”, quen alertou sobre o perigo que axexa a sociedade mundial contemporánea nun contexto en que a alternancia na hexemonía global semella estar en xogo. Allison reflexiona a propósito de se a China e os EUA poden evitar caer na trampa de Tucídides, é dicir, nunha resolución violenta e traumática para dirimir a súa rivalidade. Dos 16 casos estudados nos últimos 500 anos, en 12, as tensións estruturais que abaneaban a posición dominante dun determinado país derivaron en guerra.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais