Distribuir contido

EUA

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2474 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

11/11/2016
14/11/2016
Palavra Comum (Galiza)

No seu polémico libro Who Are We? The Challenges to America’s National Identity (2004), o politólogo estadounidense Samuel Huntington advertiu das presuntas ameazas á identidade nacional estadounidense tanto no plano interno como externo, identificando respectivamente á crecente inmigración latinoamericana (principalmente de orixe mexicano) así como ao terrorismo islámico. Tomando en conta os resultados dos recentes comicios presidenciais estadounidenses, debe observarse con atención o efecto que o factor das identidades, sexan de carácter étnico, racial, relixioso, de xénero e incluso clase social, tiveron na inesperada vitoria do candidato republicano Donald Trump. O contexto electoral 2016 expresa unha complexidade latente que ven ilustrando os serios contrastes nos que se desenvolve desde fai anos a sociedade estadounidense, nos que o factor da identidade e un crecente descontento co establishment no poder ven configurando expresións ás veces confusas en materia de elección e representatividade política.  

10/10/2016
13/10/2016
Sermos Galiza

No marco dos comicios presidenciais de novembro próximo, a polarización electoral entre a demócrata Hillary Clinton e o republicano Donald Trump contextualiza a pulsación dunha serie de variables e perspectivas visiblemente antagónicas que inevitablemente definen os cambios que vive a sociedade estadounidense. As consecuencias desta polarización traducen un país inseguro polos efectos da crise socioeconómica, polos desafíos cara a súa vacilante hexemonía global e ante a aparente incapacidade do seu establishment por identificar e atender as demandas de reformas sociais e políticas.

16/09/2016
16/09/2016
Revista ZETA (Venezuela)

O acordo entre Moscova e Washington de condicionar desde o pasado 12 de setembro un alto ao fogo en Siria, así como as expectativas de activar operacións militares conxuntas para combater posicións do Estado Islámico e da Fronte Al Nusra, determina a viraxe mais decisiva destinada a progresivamente neutralizar un conflito entrampado desde fai máis de cinco anos. No entanto, este súbito acordo fortalece os obxectivos xeopolíticos do Kremlin esgrimidos tanto en Oriente Próximo como dentro do espazo euroasiático, definidos pola activación dun eixe de cooperación con Turquía e Irán na perspectiva de manter en pe ao réxime de Bashar al Asad e condicionar unha eventual repartición de esferas de influencia no anunciado crebacabezas do post-conflito sirio.

01/09/2016
01/09/2016
IGADI

Unha análise de Mara Ríos, estudante de Dereito en prácticas no IGADI (UAM)

O pasado 21 de agosto o ministro de Asuntos Exteriores de Irán, Mohamad Yavad Zarif, deu comezo a unha xira por América Latina visitando Cuba, Nicaragua, Ecuador, Chile e Bolivia. Trátase da visita de maior calado dende a finalización, a comezos de 2016, das sancións occidentais vixentes durante unha década contra Irán. Pero, qué significa realmente esta xira latinoamericana de Zarif?

27/08/2016
27/08/2016
Diario El Correo

Nas revoltas augas asiáticas, non só Filipinas ou Xapón alzan a súa voz nos diferendos con China. Tamén Vietnam súmase á greña. A adopción de medidas defensivas por parte de Hanói nas illas disputadas no Mar de China meridional suxire un novo e perigoso chanzo nas tensións con China. Hanói instalou recentemente foguetes e mísiles que poderían alcanzar as pistas e bases baixo control de Beijing. O traslado de lanzamísiles ás súas propias bases suscita a China o nivel de resposta e eleva o grado de militarización das Spratly/Nansha. Trátase da iniciativa de maior alcance por parte de Vietnam nos últimos tempos. 

24/07/2016
24/07/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 18 ao 24 de Xullo de 2016

1. Informe

No recente congreso nacional do Minjindang ou Partido Democrático Progresista, a presidenta Tsai Ing-wen instou a toda a militancia a recordar os ideais que os levaron a entrar en política. O seu chamamento levaba implícita a necesidade de responder ás demandas cidadás a fin de satisfacer as expectativas públicas. Para Tsai, non é este o momento de facer fronte a cuestións delicadas no contexto político actual senón de acumular capacidades para facer fronte ás diferentes crises, tanto ás estruturais como ás urxentes. 

24/06/2016
24/06/2016
El Periódico de Cataluña

A Vietnam e China únelles a ideoloxía pero distáncialles a desconfianza estratéxica. Ambos países están gobernados por partidos comunistas e aplican similares políticas de reforma e apertura. Esta circunstancia facilita que tanto as dinámicas de cooperación como as incertezas predominen na orde bilateral. 

17/06/2016
17/06/2016
Diario El Correo (Bilbao)

O nerviosismo aumenta en torno ás disputas en curso nos mares adxacentes de China. Dunha parte, prevese que de forma inminente a Corte Permanente de Arbitraxe da Haia emita o seu parecer a requirimento de Filipinas en relación ás súas reclamacións marítimas nas illas Spratley ou Nansha. Doutra, a crecente presenza de buques de guerra nas zonas disputadas, xa sexan de bandeira chinesa, estadounidense, rusa, xaponesa, india, etc., alertan dun activismo militar que pode derivar, pese ás cautelas, en episodios e incidentes de relativa gravidade.

08/06/2016
08/06/2016
The Huffington Post

Trala visita do presidente Obama a Vietnam, o achegamento entre Washington e Hanoi deu un novo e significativo paso adiante. O levantamento do embargo de armas, a cooperación económica e comercial e, sobre todo, o entendemento estratéxico facilitan a sorprendente transmutación dos outrora inimigos e a subalternización de asuntos controvertidos (dereitos humanos, liberalización da economía) que noutros contextos xustifican a irascibilidade da Casa Branca. Beijing apresurouse a sinalar que ese achegamento de ningún xeito afectaba ás privilexiadas relacións bilaterais co seu veciño pero o certo é que a situación non é da súa agrado.

12/01/2016
12/01/2016
The Huffington Post

Tras anunciar Corea do Norte o desenvolvemento dunha bomba H, China mostrou, primeiro, a súa oposición á proba e, segundo, a súa sorpresa por non ser informada con antelación. Desde a primeira proba nuclear levada a cabo por Pyongyang en 2006, a posición chinesa evolucionou cada vez máis cara ao distanciamento do seu aliado e, sobre todo, desde a chegada de Xi Jinping.

16/12/2015
16/12/2015
Mundiario (Galicia-España)

Queda claro que o futuro de Siria foi previamente acordado na xuntanza desta semana en Moscova entre o secretario de Estado estadounidense John Kerry e o presidente ruso Vladimir Putin. A obsesión de Washington focalízase en minorar a influencia rusa dentro deste novo contexto, así como no obxectivo de “sacar da partida” ao mandatario sirio Bashar al Asad, reconstituíndo o mapa político a través dun diálogo entre o goberno e a oposición siria a realizarse a partir do próximo 1º de xaneiro. Este escenario da a entender un pacto de circunstancias entre Moscova e Washington motivado pola necesidade de alcanzar unha saída a calquera prezo do interminable conflito sirio, aparentemente sen decatarse de que os efectos colaterais do mesmo albíscanse como máis decisivos e problemáticos.

22/11/2015
22/11/2015
Faro de Vigo

A resposta contra o terrorismo en Europa precisa atender ás causas profundas. Alén dos factores relixiosos e culturais, certo que ten a súa longa historia, pero para entender o que enfrontamos non hai que mirar moito atrás. Se non o facemos así, o terrorismo continuará expandíndose. Unha cuestión importante é reflexionar sobre por que hai tantos estados fallados hoxendía. Podemos pensar que responde a unha estratexia deliberada (canto peor, mellor) que alenta o caos e facilita a reclamación dun xendarme mundial. Ou simplemente que os métodos utilizados polas potencias occidentais para gañar influencia en determinadas áreas xeopolíticas vólvense en contra delas saíndolle o tiro pola culata por seren erradas. 

20/11/2015
01/12/2015
Eco


Os recentes ataques terroristas en París xeraron unha grande onda expansiva, especialmente en Europa, pero tamén mais aló, con moitos países fortalecendo a seguridade e intensificando os controis sobre os refuxiados, vítimas por partida dobre desta situación. Europa non é xa un lugar seguro. En EUA, varios gobernadores rexeitaron aceptar máis refuxiados sirios –a pesar da moita responsabilidade de Washington no estado das cousas en Damasco- co argumento das preocupacións de seguridade. Os primeiros datos que apuntaban a que un dos terroristas involucrados nos atentados de París tiña pasaporte sirio –resultou ser falso- e seica entrara como refuxiado, alentaba a idea de que podían camuflarse entre os refuxiados que fuxían da guerra. Unha hipótese que pasa por alto que os terroristas teñen outras vías alternativas e seguras e dificilmente optarían polo calvario de penurias e incertezas que tantas vidas custan aos refuxiados.

04/11/2015
04/11/2015
IGADI

Unha análise de Martín Boado Carro (estudante en prácticas da USC)

O conflito en Ucraína ameaza o cantado éxito da política exterior impulsada por Nursultan Nazarbayev. Kazajstán ten presumido de ser o país centroasiático coa diplomacia mellor enfocada, outorgando primacía a unha estratexia “multilateral” subscribindo acordos coas principais potencias económicas do globo.

30/09/2015
30/09/2015
OPCh

Visita de Estado do líder chinés a EUA

Cumpriu os seus obxectivos o cume Obama-Xi? Dado o cariz da fase preparatoria, todo invitaba a ter que ler nos pousos do té para deducir, con máis ou menos fundamento, se o pouco ou moito logrado podería servir para crer en cambios máis ou menos significativos. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais