Distribuir contido

EUA

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2474 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

26/08/2015

Programa "Cinco Continentes" de Radio Nacional de España. "A apertura diplomática entre Cuba e EUA", entrevista con Roberto Mansilla Blanco, analista do IGADI. Hora: 08:00 am.

13/08/2015
13/08/2015
IGADI

Destaca a escasa atención informativa reflectida sobre a crise financeira e económica que vive Porto Rico, moi similar ao que acontece con Grecia co respecto á Unión Europea. Destaca, igualmente, a dobre vara de medir que utiliza Washington, moi atento ao que sucede en Atenas no cometido de instar a Bruxelas a flexibilizar os termos dun rescate financeiro que evite a saída grega da zona euro, toda vez mantén unha distante indolencia sobre a crise portorriqueña, negándose a adiantar ese mesmo rescate cara a illa caribeña. O problema resulta mais complexo en termos de soberanía e estatuto político: pola súa condición de “Estado Libre Asociado”, Porto Rico non pode ampararse de beneficios de rescate financeiro directo por parte da lexislación estadounidense, a diferenza doutras instancias políticas e administrativas (estados, municipios, condados, etc) existentes en EUA. Do mesmo xeito, a illa caribeña vese igualmente imposibilitada de acudir a organismos internacionais para solicitar axuda financeira, simplemente polo feito de non ser un Estado independente.

12/08/2015
12/08/2015
Praza Pública (Galicia) e Mundiario (Galicia)

A cada vez mais acentuada perspectiva difundida nos mass media e na opinión pública internacional sobre o eventual cambio de ciclo político que actualmente está vivindo América Latina, particularmente definido pola evolución dunha ampla axenda electoral a nivel hemisférico e, principalmente, polos efectos colaterais observados ante o proceso aperturista entre EUA e Cuba, da pe para intuír sobre os pasos dunha recomposición do escenario e das forzas políticas, especialmente no contexto suramericano, con claras implicacións no contexto global. En clave hemisférica, esta nova etapa apreciaría un movemento do péndulo político e electoral diametralmente diferente ao ascenso e consolidación dos partidos e movementos progresistas observado na rexión desde 1999, potenciando a posibilidade de (re) impulsar un novo establishment político. No aspecto global, esta recomposición anunciaría as bases dun sistema “bi-multipolar” que sepulte definitivamente a etapa da “posguerra fría”.

01/06/2015
01/06/2015
Praza Pública

As tensións no Mar da China meridional centraron boa parte dos debates no Diálogo de Shangri-La (Singapur, 29 a 31 de Maio), encirradas pola expansión artificial de 9 illotes do arquipélago das illas Nansha/Spratley por parte de China e os sobrevoos da zona por parte de forzas de EUA (cun equipo da CNN a bordo). Beijing deféndese argumentando que o seu propósito é mellorar as condicións destes enclaves e as condicións de vida do persoal alí desprazado, ademais de ampliar as súas capacidades en atención a desastres e seguridade da navegación. Os críticos advirten que China aspira a modificar a estrutura dos arquipélagos para definir os territorios contiguos e o seu espazo aéreo como zonas baixo a súa soberanía nacional. 

20/03/2015
20/03/2015
Sermos Galiza

Unha reflexión de Soledad Cruz, escritora e ex representante de Cuba ante a UNESCO

As relacións con Estados Unidos son un mal necesario e o maior risco para a Revolución cubana na súa máis de media centuria de historia. Só poderán estabelecerse se se elimina o bloqueo e outras medidas agresivas do gran imperio contra a illa porque sería un disparate abrir embaixadas para darlle facilidades a Estados Unidos para o seu labor subversivo interno, o cal declarou abertamente a actual administración.

20/03/2015
20/03/2015
Sermos Galiza

Entrevista con Juan Valdés Paz, sociólogo e Premio Nacional de Ciencias Sociales y Humanísticas 2014 de Cuba

-Tras o anuncio de reanudación das relacións entre Cuba e EEUU ábrese un novo escenario. Que expectativas lle suxire a nova etapa que agora comeza?

-A etapa caracterízase por unha alta incerteza. Nela compréndense a normalización das relacións diplomáticas, así como prolongadas negociacións acerca de numerosos contenciosos. Ao longo dese proceso ambas as partes perseguirán os seus propios e expresos obxectivos. Un desenlace óptimo sería que ambas as partes obtiveran algunha ganancia.

20/03/2015
20/03/2015
Sermos Galiza

Desde os anuncios paralelos dos respectivos presidentes de Estados Unidos e de Cuba en decembro do ano pasado para iniciar, publicamente polo menos, o abrandamento nas súas relacións diplomáticas, hostís e inexistentes desde hai máis de 50 anos, xa se derramou moita tinta en reanalizar antecedentes históricos. Pero para moitos estadounidenses, incluíndo á maioría dos congresistas, no mellor dos casos a historia é algo demasiado alleo á vida cotiá e no peor caso a historia non existe. En Estados Unidos, a ignorancia da historia implica que o debate político sobre o proposto achegamento cubano-estadounidense, ou a crítica da Administración Obama por parte do partido republicano máis ben, non é nada novo e o futuro a medio-prazo é fácil prognosticar.

10/03/2015
10/03/2015
Praza Pública (Galicia)

Dun xeito inédito, o presidente estadounidense Barack Obama decretou esta semana unha serie de sancións contra funcionarios públicos venezolanos (seis cargos militares e de seguridade e unha xuíz), conxelando as súas contas e prohibíndolles os visados baixo as acusacións de presunta “represión e violación dos dereitos humanos” durante o ciclo de protestas acaecido no país suramericano entre febreiro e abril de 2014. No seu decreto, Obama considerou que Venezuela constitúe unha “inusual e extraordinaria ameaza para a seguridade nacional e a política exterior de EUA”. Esta declaración esperta diversas incógnitas, inquietudes, intrigas e expectativas sobre cal é o rumbo das relacións hemisféricas trazadas dende Washington.  

10/02/2015
10/02/2015
Praza Pública (Galicia) e Mundiario (Galicia)

A súbita aparición de dous confusos escándalos que involucran aos gobernos de Cristina Fernández de Kirchner (“caso Nisman”) e de Nicolás Maduro (“caso Leasmy Salazar”) calibran a complexidade dos contextos políticos que se abren en dous países, Arxentina e Venezuela, que afrontarán decisivas citas electorais ao longo de 2015. Neste sentido, o impacto político destes casos e, principalmente, a evolución das preferencias electorais de cara aos comicios pautados, definirán agudos retos para dúas vertentes políticas, o “post-kirchnerismo” e o “post-chavismo”, que pretenden conservar as súas respectivas hexemonías, contrarrestadas por contextos condicionados pola crise socioeconómica, a credibilidade internacional e as presións políticas internas e externas.

06/01/2015
06/01/2015
Tempos Novos

Xa falemos da economía, da seguridade ou da xeopolítica, a evolución da situación internacional en 2014 ofreceunos un balance desigual caracterizado tanto pola aceleración das reformas nos modelos tradicionais como polo rexurdir das tensións entre os principais protagonistas do acontecer global.

18/12/2014
18/12/2014
Praza Pública (Galicia) e Mundiario (Galicia)

A histórica decisión abordada esta semana polos presidentes Barack Obama e Raúl Castro de propiciar a normalización das relacións bilaterais cubano-estadounidenses, ampliada coa petición do presidente estadounidense ao seu Congreso para poñer fin ao que denominou unha política “obsoleta” cara Cuba, da a entender a potenciación dunha silenciosa e progresiva diplomacia “baixo corda”, moi probablemente determinada por importantes intereses comerciais e factores de carácter xeopolítico.

29/10/2014
29/10/2014
Praza Pública

Compre observar o escaso interese que posúe América Latina, en particular o actual desenvolvemento dun importante ciclo electoral hemisférico, dentro da axenda política establecida en EUA de cara á elección da Cámara de Representantes e do Senado pautada para o próximo 4 de novembro. Este estratéxico test electoral para o presidente Barack Obama, tradicionalmente denominado o mid-term, enfocará as perspectivas en clave electoral para os comicios presidenciais estadounidenses de 2016. E nese contexto, América Latina está practicamente ausente dese debate.

12/08/2014
01/09/2014
Tempos Novos

A persistencia e reactivación de numerosos conflitos ao longo da xeografía planetaria acentúan a sensación de caos no sistema internacional. De Ucraína a Gaza pasando por Siria, agora temporalmente mais afastada do foco informativo, ou a longa ringleira de guerras que asolan o continente africano (Somalia, Libia, Malí, República Centroafricana, Sudán do Sur, etc.), sen esquecer o agravamento da situación en Iraq ou Afganistán, só a relativa esperanza dun acordo de paz na dilatada guerra civil de Colombia –medio século- semella achegar un elemental motivo de satisfacción.

22/05/2014
22/05/2014
Fusión

¿Ha nacido en Shanghai una alianza entre China y Rusia? Sin duda, asistimos a un incremento sustancial de la cooperación estratégica. En el marco de la concepción de la política exterior china, las asociaciones de alto nivel con base en los intereses de su propio desarrollo y de la situación internacional, descartan precisamente el establecimiento de alianzas de tipo tradicional, sustentadas medularmente en la cooperación militar y en el aseguramiento de apoyos frente a terceros. Incluso en el ámbito político habrá que ser cautos ya que es difícil tanto que China apoye todos y cada uno de los pasos de Rusia, por ejemplo, en la crisis ucrania, como que Rusia secunde las acciones de China, pongamos por caso, en su contencioso con Japón.  

29/04/2014
29/04/2014
Praza Pública (Galicia)

Segundo o Iraq Body Count, un website que desde 2003 contabiliza o número de civís mortos no país árabe desde a invasión militar liderada por EUA, durante o mes de abril, un total de 891 civís iraquís morreron a causa da violencia sectaria e da vaga de atentados acaecidos na capital Bagdad e noutras cidades como Mosul e Falluja. A renovación da violencia en Iraq coincide co contexto electoral determinado polos comicios parlamentarios previstos para o 30 de abril, os primeiros que se realizan no país árabe desde a retirada militar estadounidense de 2011.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais