Distribuir contido

Franco Grande

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2598 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

30/03/2022
30/03/2022
Praza

No seu segundo cabodano

Se algo define a identidade de raíz de Xosé Luís Franco Grande, esa é a condición de militante minhoto, un perfil que vai mais aló das súas orixes en Tebra – a onde sempre tamén regresaría- e que cabe afincar na cosmovisión principal das súas percepcións intelectuais básicas. Ese estranxeiro próximo arredor do Minho era por el vivido como propio e sabía percorrelo de principio a fin.

01/04/2020
01/04/2020
Tempos Novos

Fóisenos Franco. Xeneroso como era, deixounos moito e bo. Non é cousa de lembrar agora os seus méritos pois son coñecidos e obituarios haberá que nolos recorden. Todo o que el fixo queda e gardarémolo como ouro en pano. O que non obstante perdemos é un estilo de compromiso que moito escasea nestes acedos tempos de precariedade, especialmente o botafumeiro do pensador libre, sen ataduras, que di o que pensa, moleste a quen moleste. E facíao non por mal nin por escura vinganza ou antipatía senón porque sentíase na obriga de dicir o que sentía. A nivel persoal, en ocasións tenlle custado moito esa franqueza, cousa que ten lamentado. Pero comprendía, ao cabo, que nun país como o noso, tan rico en tantas lerias, era rico tamén en ruindades que non viñan a conto. Non se resignaba pese a todo, confiando en que o tempo faría o seu.  Algunha vez pasou.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais