Distribuir contido

Galego

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2442 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

12/11/2020

 

- No vixésimo noveno aniversario do IGADI a publicación nace da vontade de impulsar e normalizar o uso do galego en todos os ámbitos, de maneira específica e desde a natureza do IGADI, na análise das relacións internacionais, xeopolítica e novos estudos globais.

- Colaboran coa publicación online “O mundo en galego: Comprender o global desde aquí” 17 analistas e especialistas galegos de recoñecido prestixioso internacional, coma Ignacio Ramonet (Director de Le Monde Diplomatique en español), Yashmina Shawki (Escritora e historiadora especializada en Oriente Próximo) ou Xulio Ríos (Director do Observatorio de la Política China, Fundador e Presidente de Honra do IGADI).

- A publicación, promovida polo IGADI coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, presentarase en rolda de prensa o próximo xoves día 19 ás 12:00 na sede da SXPL, coa presenza de Valentín García (Secretario Xeral SXPL) e Daniel González Palau (Director do IGADI).

16/05/2021
12/03/2021
Praza

O líder chinés Xi Jinping participou estes días nas macro sesións parlamentarias que cada marzo acostuman a se reunir na capital Beijing. Unha das súas primeiras actividades neste evento foi a participación nun encontro con deputados da rexión autónoma de Mongolia Interior, unha das cinco existentes na China e, cronoloxicamente, a primeira de todas elas, fundada en 1947, antes mesmo da proclamación da República Popular. Nese encontro apelou a promover o chinés estándar falado e escrito e a impulsar o uso dos libros de texto compilados a nivel central.

07/12/2020
07/12/2020

Este artigo fai parte da publicación online “O Mundo en Galego” coordinada polo IGADI no seu 29º aniversario, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística

As pesqueiras mundiais están en crise. Na actualidade, o 60 por cento das poboacións de peixes están plenamente explotadas e un 34 por cento están explotadas a niveis insostibles (FAO, State of World Fisheries, 2020). Unha boa parte desta situación deriva da deficiente xestión que fan os Estados costeiros das Zonas Económicas Exclusivas, de 200 millas, nas que lles recoñece xurisdición a Convención das Nacións Unidas do Dereito do Mar. Por outra banda, contribúen tamén á sobrexplotación dos recursos ictícolas os precarios procesos de cooperación que se dan na alta mar, que non está sometida á xurisdición de ningún Estado e onde poucas das Organizacións Rexionais de Ordenación Pesqueira (OROP) poden garantir unha xestión sustentable.

07/12/2020
07/12/2020

Este artigo fai parte da publicación online “O Mundo en Galego” coordinada polo IGADI no seu 29º aniversario, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística

No complexo conglomerado étnico, racial e relixioso de Oriente Próximo en xeral e na rexión do Crecente Fértil e o antigo Levante en particular, destacan tres grupos humanos cuxos devanceiros xa ocupaban este territorio miles de anos antes de Cristo. Tres grupos humanos caracterizados por unha longa historia de invasións, ocupacións e xenocidios. Tres grupos cuxos descendentes preservaron unha cultura, unha tradición e un idioma propios, peculiares e únicos. Tres grupos humanos, armenios, xudeus e curdos que, ademais, hoxe representan a resiliencia ante a fagocitación que os diferentes pobos invasores pero, sobre todo, os grandes imperios históricos: o persa e o otomán, intentaron levar a cabo.

07/12/2020
07/12/2020

Este artigo fai parte da publicación online “O Mundo en Galego” coordinada polo IGADI no seu 29º aniversario, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística

En 2013 Shadi Khaled decidiu abandonar a súa vila natal, no Curdistán sirio, na procura dunha vida mellor. En primeiro lugar, buscaba saúde, xa que Hadiya, a muller, estaba enferma. En segundo lugar, precisaba tranquilidade e paz, ambas totalmente afastadas do seu país, sumido en guerra dende as protestas antigobernamentais de 2011. Por último, necesitaba vivir e para iso debía fuxir da morte, que era o único que habitaba daquela no seu fogar.

07/12/2020
07/12/2020

Este artigo fai parte da publicación online “O Mundo en Galego” coordinada polo IGADI no seu 29º aniversario, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística

Pode que a historia non se repita pero Bruxelas é cada vez máis unha cidade sen memoria. Logo dun exercicio de case tres anos o chamado proceso Bratislava-Roma-Sibiu (setembro 2016-maio 2019) a UE, tal que montaña, decidiu parir un rato. Oficialmente para examinar o futuro da UE aos sesenta anos do Tratado de Roma, en realidade un exercicio terapéutico pola retirada do Reino Unido, tivo como grande proposta a creación dun novo proceso de reflexión: a Conferencia para o futuro de Europa. 

07/12/2020
07/12/2020

Este artigo fai parte da publicación online “O Mundo en Galego” coordinada polo IGADI no seu 29º aniversario, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística

Nin o impoñente frío do inverno bielorruso, nin os siloviki (membros das forzas de seguridade do Estado) frearon as manifestacións contra o “Decreto sobre os parásitos”. Era febreiro de 2017 e o goberno de Bielorrusia decidira establecer un imposto para as persoas desempregadas. O descontento da sociedade resoaba polas rúas de Minsk, unha cidade acostumada á discreción cando se falaba das cuestións políticas.

07/12/2020
07/12/2020

Este artigo fai parte da publicación online “O Mundo en Galego” coordinada polo IGADI no seu 29º aniversario, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística

Nun contexto internacional moi diferente ao actual -definido pola pandemia da Covid-19, o declive dos Estados Unidos, o ascenso da China e o esgotamento dun marco institucional que se mostra incapaz de xestionar a desigual globalización que nos toca vivir- hai 25 anos púxose a marcha a Asociación Euro-Mediterránea. O seu obxectivo era nada menos que crear un espazo euro-mediterráneo de paz e prosperidade compartida. Hoxe, co engadido da Unión polo Mediterráneo dende 2008, a violencia e o aumento da fenda de desenvolvemento entre ambas beiras do Mare Nostrum obrigan a recoñecer que o haber é moito menor que o debe no balance acumulado.

03/12/2020
03/12/2020

Este artigo fai parte da publicación online “O Mundo en Galego” coordinada polo IGADI no seu 29º aniversario, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística

O mundo está en crise. Porén, a súa orixe non está na actual pandemia da Covid-19; nin sequera na quebra de Lehman Brothers no ano 2008, como consecuencia da crise dos créditos subprime. A crise vén de máis atrás. Efectivamente, de acordo co economista marxista Michael Roberts, que analizou a evolución da taxa de ganancia dende 1869, a crise comezou na volta de 1965-1968, momento dende o que a taxa de ganancia retrocede anualmente -agás nun efémero interludio de ‘recuperación neoliberal’ entre os anos 1983 e 1998-.

30/11/2020
30/11/2020

Este artigo fai parte da publicación online “O Mundo en Galego” coordinada polo IGADI no seu 29º aniversario, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística

A institucionalidade internacional que debería de pilotar a globalización, máis aló dalgunha proposta fragmentaria, fai auga por todas as beiras, deixando á deriva, pese ao crecemento do comercio mundial e dos incontábeis avances nas telecomunicacións, a solución dos graves problemas presentados por aquela. Fai xa bastantes anos, nun Seminario Internacional da UNESCO, citabamos unha serie de inconvenientes, agora acrecentados, tales como: a) a destrución do medio físico; b) a debilidade en continua medranza dos Estados e un desequilibrio económico progresivo entre eles que sitúa a moitos nunha pobreza ascendente e, asemade, de diferenzas dentro deles en canto aos seus territorios e poboacións; c) o aumento demográfico incontrolado nos países con menos medios en saúde e infraestruturas educativas; d) o crecemento urbano catastrófico; e) a deslocalización, a destrución de emprego e o aumento constante dos marxinados f) o non parar das migracións; g) o incremento da débeda externa, os fluxos financeiros irregulares, o narcotráfico, a criminalidade internacional, os conflitos armados, o terrorismo, os refuxiados e desprazados internos, a discriminación cultural e, en xeral, acó, aló e acolá, unha realidade de inxustiza, ingobernabilidade reveladora dunha grave desprotección dos dereitos humanos.

18/11/2020

12/11/2020
12/11/2020

O compromiso coa lingua galega é un trazo fundacional do IGADI que vivenciei desde o primeiro día que entrei pola súa porta, na sede histórica de Baiona no ano 2009. O motivo dese empeño do IGADI, de 29 anos xa (1991-2020), ten dúas razóns esenciais. Primeiro, se o galego é a nosa lingua e un dos propósitos do IGADI é sensibilizar á nosa sociedade na transcendencia dos asuntos globais para desenvolver ideas e proxectos acordes cos nosos intereses exteriores, iso, por coherencia, débese facer na lingua propia. Segundo, porque se o IGADI ambiciona proxectar a Galicia no exterior debe facelo a partires de si propio, coa súa identidade xenuína, e iso, tamén, fai que só teña sentido partindo do galego e defendendo ao tempo que ese empeño non é excluínte con outras perspectivas, complementares e multiplicadoras, reafirmando a plenitude do noso compromiso, así como coa diversidade lingüística, coa vantaxe comparativa a todos os niveis da natureza internacional do galego na conexión co portugués.

17/11/2012
17/11/2012
IGADI

Por todos é coñecido que Galiza posúe un amplo e consolidado conxunto de especificidades de carácter identitario, histórico, social e mesmo cultural que lle confiren unha posición privilexiada á hora de presentarse perante a sociedade internacional. E unha delas, senón a máis poderosa en materia de acción exterior, sería a nosa lingua, o galego.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais