galeguismo : Palabra chave

Lois Tobío,1906-2003 Fonte: Galipedia

Lembrando a Lois Tobío

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia

Diplomático, investigador, xurista, profesor, xornalista, tradutor, etc., Lois Tobío foi un intelectual humanista firmemente comprometido con Galicia. Co-fundador do Seminario de Estudos Galegos, redactor do anteproxecto de Estatuto ou auténtico mentor do Consello de Galiza no exilio, custa entender que a pesar de tanta e tan valiosa achega siga sendo un gran descoñecido para moitos na propia Terra.

Galeguismo e europeísmo: Cando Europa é aquí

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia

O galeguismo dos anos vinte e trinta do pasado século e mesmo o reagrupado despois da guerra civil foron profundamente europeístas, cada un cos seus matices. A declaración de principios do Partido Galeguista (PG) incluía a alusión á “Galicia, célula de universalidade” que tiña en Europa unha primeira concreción inapelable. Figuras destacadas deste movemento como …

Galeguismo e europeísmo: Cando Europa é aquí Ler máis »

Europeísmos galegos

Liñas de investigación Relacións Internacionais Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia

En diferentes tempos e ocasións, os galeguistas atopáronse entre os máis europeístas da península. É o caso, sen dúbida, do primeiro terzo do pasado século cando a reivindicación da Galicia, célula de universalidade, tiña na Europa unha esperanza primeira de realización. Moi poucos entón miraban cara Europa nese senso. Que a Lois Tobío o alcumaran …

Europeísmos galegos Ler máis »

Lembrando a Lois Tobío

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia

Este marzo cúmprense quince anos xa do falecemento en Madrid de Lois Tobío (Viveiro, 1906), unha personalidade fecunda que mantivo sempre un elo de xeneroso compromiso co país sen prexuízo de servir nas mais variadas encomendas. Eu mesmo definíao nunha monografía para Ir Indo (Galegos na Historia, 2004) como “o diplomático que quixo e soubo …

Lembrando a Lois Tobío Ler máis »

Crítica da leira

Apartados xeográficos Outros

É indubidable que Galicia conta cun capital humano substancial. Como certo tamén é que non somos quen de dignificalo colectiva e adecuadamente. Aquí, no mellor dos casos, cada un reivindica os seus. Os que non son de ninguén quedan no anonimato. Lembro, a propósito de Pérez-Barreiro, que alguén lamentou non saber del a tempo. A …

Crítica da leira Ler máis »

Déixanos Ramón Lugrís

Apartados xeográficos Outros

Onte, de maneira inesperada, faleceu en Ciudad Real Ramón Lugrís. Con el e con outros rapaces, no inicio dos anos cincuenta, unha nova mocidade galeguista comezou a lumbrigar no ceo escurecido deste país. Con Mourullo, Beiras, Baliñas, Vidán Torreira, Rubal, e logo Méndez Ferrín, Ramón Lorenzo e outros, constituíase o primeiro grupo galeguista mozo posterior …

Déixanos Ramón Lugrís Ler máis »

Un europeísta de verdade

Apartados xeográficos Outros

Faleceu Ramón Lugrís. Nacido no Ferrol en 1932, Lugrís  é unha desas voces ignoradas e que, non obstante, non pode faltar en calquera aproximación ao galeguismo da posguerra. Lugrís mantivo sempre un especial interese polos asuntos europeos e internacionais que encarou cunha aptitude extraordinaria para a análise e a interpretación, desenvolvidas cunha destreza e finura …

Un europeísta de verdade Ler máis »

A historia de Pachuco

Apartados xeográficos Outros

Plácido Castro foi detido na Coruña nos primeiros días que seguiron ao alzamento. Dende o cárcere insistiu en ver ao secretario da Falange, Pepe Trillo, a quen coñecía. Trillo non sabía quen era Plácido Castro pero si coñecía a Pachuco. Sabedor do perigo que corría naqueles momentos primeiros, pediu ao seu propio irmán Felipe que …

A historia de Pachuco Ler máis »