Guerra : Palabra chave

Bandeira de Ucraína

Incerto comezo de 2024 para a guerra en Ucraína

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa

Desde o venres do 29 de decembro, Ucraína sofre os peores ataques aéreos desde o comezo da invasión rusa a gran escala. Utilízanse todo tipo de armas de ataque, incluídos drons, mísiles de cruceiro e balísticos. Cada día rexístranse decenas de mortos e centenares de feridos, destrucións en infraestruturas civís en Kíiv e outras cidades importantes. En cinco días, os rusos lanzaron uns 500 proxectís.

O Ministro de Exteriores Shimon Peres, o presidente Bill Clinton, o primeiro ministro Yitzhak Rabin e o presidente Yassser Arafat nun dos actos posteriores a cerimonia de sinatura do Acordo de Paz de Oriente Medio. Esta imaxe foi fotografada por Robert McNeely.

Dos Acordos de Oslo ao apartheid

Cando o 13 de setembro de 1993 asinouse a Declaración de Principios entre Israel e a Organización para a Liberación de Palestina en Washington, máis coñecida pola denominación dos Acordos de Oslo, reinaba un xeneralizado clima de optimismo nas relacións internacionais. As grandes potencias occidentais (en particular, Estados Unidos) interpretaron en clave triunfalista os transcendentais cambios rexistrados entón na escena mundial: conversacións e acordos de desarmamento entre Washington e Moscova, caída do muro de Berlín e desaparición da Unión Soviética. En definitiva, o fin da Guerra Fría concluía con catro décadas e media de tensión bipolar e a expansión do sistema capitalista co reforzo da súa vertente neoliberal.

ucraina

Satisfacción razoable pola reunión de Jeddah

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa

“Estamos moi satisfeitos cos resultados do cumio”, declarou o luns Andrii Iermak, xefe de gabinete da oficina presidencial da Ucrania, referíndose ao encontro de representantes de arredor de 40 países na cidade saudita de Jeddah, a fin de semana pasada. Pódese dicir que foi excesivamente positivo ao falar de ‘cumio’ e ‘resultados’, porque ningún país estivo representado ao nivel máis alto nin se tomou ningunha decisión, nin sequera se emitiu un comunicado de prensa.

ucraina

Putin seguirá aplicando o terrorismo porque non sabe doutro método para alcanzar os seus obxectivos

O 17 de xullo, Rusia anunciou a súa decisión final de non prorrogar o “acordo do trigo” negociado pola ONU e Turquía como intermediarios para garantir a exportación segura de produtos agrícolas dos portos ucrainos do noroeste do Mar Negro que aínda estaban baixo o control de Ucraína. En cambio, Rusia recibía a promesa da ONU de que se lle facilitaría un aumento das súas propias exportacións de grans e fertilizantes, que tiñan o mesmo rango de volume que as exportacións ucraínas. Se se bloqueaban, creaban o perigo de fame a nivel planetario, primeiro nos países pobres do sur.

ucraina

Que non se perda o obxectivo, que é a paz

Máis de 500 días leva desenvolvéndose unha guerra brutal en Ucraína e o seu fin non se divisa no horizonte; máis aínda, cada día a perspectiva da súa conclusión vólvese máis distante e o inimigo insolente está cada vez máis empeñado en destruír todo o ucraíno, porque os ucraínos son inquebrantables na súa vontade de non obedecer as pretensións neo-imperiais de Moscova, continuando incólume a súa determinación de botar aos moscovitas da súa terra.

Fonte; Creative Commons www.kremlin.ru

Un Putin acabado?

Liñas de investigación Relacións Internacionais

O presidente ruso Vladímir Putin foi seriamente humillado polo fundador do Grupo Wagner, Yevgeny Prigozhin. Certo que este deu marcha atrás ao seu avance sobre Moscova pero moi probablemente, sen practicamente pegar un tiro, conseguiu boa parte do que pretendía sen dar a sensación de ser obrigado a se render…

ucraina

Que aconteceu coa Wagner de Prigozhin?

Este sábado os medios de comunicación víronse asolagados de noticias asombrosas: o propietario e xefe da compañía militar privada “Wagner”, Prigozhin, afirmou que os militares rusos bombardearon o seu campamento, mataron os seus combatentes e que el non toleraría máis tales abusos. Nun día, as súas forzas ocuparan Voronezh, ao nordés de Ucraína, e Rostov, ao sueste, bloqueando todas as instalacións militares da zona, incluídos o mando do distrito militar e o cuartel xeral da denominada operación militar especial. Non atopou resistencia e esixiu que se lle permitise reunirse con S. Shoigu, ministro de Defensa ruso, e co xefe do Estado Maior ruso, Xeral Guerásimov…

IGADI Annual Report 2022-2023: Globalización e multipolaridade en tempos de Guerra

Globalización e multipolaridade en tempos de Guerra

No 2022 titulamos o IGADI Annual Report (IAR) «Desorde pandémica, interdependencias e guerra» co eco dos últimos latigazos da pandemia e baixo o impacto do inicio da invasión Rusia da Ucraína. Logo dun espellismo inicial arredor dunha vitoria rusa fugaz, a guerra lóstrego cambiou de natureza e avanzou entre unha guerra tradicional e unha guerra marcada, entre moitas outras cuestións, polas innovacións tecnolóxicas en todos os ámbitos, do estritamente militar, ao comunicativo ou económico…