A XXIV Conferencia Anual Plácido Castro terá lugar o mércores 25 de xaneiro en Oleiros, con Irlanda como protagonista
A Conferencia anual da Fundación do ano 2023 será impartida polo historiador Xavier R. Madriñán, catedrático de Xeografía e Historia e doutor en Ciencias Políticas. Foi xefe de redacción da revista Encrucillada (1989-1999) e director da revista bibliográfica Guía dos Libros Novos (1998-2002).