Distribuir contido

KMT

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2290 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

27/03/2016
27/03/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 21 ao 27 de marzo de 2016

1.      Informe

A ex vicepresidenta do Yuan lexislativo, Hung Hsiu-chu, foi electa presidenta do KMT nas primarias internas levadas a cabo o 26 de marzo. É a súa segunda vitoria interna tras gañar a nominación nas pasadas eleccións presidenciais do 16 de xaneiro, máis tarde frustrada polo aparello do KMT que promoveu a Eric Chu. O fracaso do candidato oficialista, Eric Chu, trala defenestración de Hung á vista das poucas posibilidades de impoñerse a Tsai Ing-wen, segundo as enquisas, descabezou o partido nacionalista.

16/03/2016
16/03/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 7 ao 13 de marzo de 2016

1. Informe

Co pano de fondo do 5º aniversario do desastre nuclear de Fukushima, arreceu o debate sobre o futuro da enerxía nuclear en Taiwan. O día 12, unha gran marcha antinuclear percorreu o Bulevar Ketagalan para esixir ao goberno un país desnuclearizado para o ano 2025.

07/03/2016
07/03/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 29 de febreiro ao 6 de marzo de 2016

1.      Informe
 

A decisión da presidenta electa Tsai Ing-wen de continuar no cargo como presidenta do PDP aínda cando asuma como presidenta de Taiwan o 20 de maio próximo, deu pé a unha intensa controversia. O argumento principal esgrimido alude á necesidade de promover sen obstáculos as políticas do partido, pero algunhas voces recordáronlle as súas críticas ao idéntico liderado ostentado por Ma Ying-jeou á fronte do KMT entre outubro de 2009 e decembro de 2014. 

28/02/2016
28/02/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 22 ao 28 de febreiro de 2016

1. Informe

O luns 22 comezou oficialmente a carreira pola presidencia do KMT. Catro candidatos inscribíronse e entre todos eles, Hung Hsiu-chu, cuxa candidatura presidencial foi anulada polo partido o ano pasado, emerxe de novo como favorita. 

22/02/2016
22/02/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 8 ao 21 de febreiro de 2016

1.      Informe 

A celebración da Festa da Primavera en Taiwan encheuse de loito polo terremoto do 6 de febreiro, a un día da cea de véspera do Ano Novo. Dunha magnitude de 6,7 na escala de Richter, causou máis dun cento de mortos. Numerosos edificios da cidade de Tainan quedaron inclinados como consecuencia do sismo. Máis de 10 quedaron destruídos e outros 550 sufriron danos de consideración. A fiscalía investiga si houbo irregularidades na construción do enorme complexo de vivendas Weiguan que quedou completamente derrubado. Inicialmente atopáronse anomalías no número de perfís de aceiro de reforzo nas vigas de contención que, en contraste co deseñado orixinalmente, utilizáronse só a metade deles. As irregularidades alcanzan ao arquitecto asinante, quen presumiblemente “prestou”  a súa licenza a outro arquitecto.

07/02/2016
07/02/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 1 ao 7 de febreiro de 2016

1.      Informe

O novo primeiro ministro, Simon Chang, tomou posesión do cargo, en substitución de Mao Chi-kuo, quen presentou a súa dimisión irrevocable trala desfeita electoral do 16 de xaneiro. De 61 anos, Chang efectuou varios axustes no gabinete co propósito de asegurar unha transición estable nos días que faltan ata a investidura de Tsai Ing-wen o próximo 20 de Maio. O seu executivo elaborou unha lista de medidas políticas pendentes a implementar antes de dita data. 

30/01/2016
31/01/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 25 ao 31 de xaneiro de 2016

1.      Informe

A visita de Ma Ying-jeou á illa Taiping (Itu Aba) no arquipélago Nansha/Spratley do Mar da China meridional causou certa sorpresa. Trala cerimonia de inauguración dun peirao e un faro o pasado 12 de decembro, o desprazamento de Ma, escasas semanas logo da derrota do KMT nas eleccións lexislativas e presidenciais, realizada coa escusa oficial de felicitar o Ano Novo Lunar ás tropas alí establecidas, só pode entenderse como un intento de realzar a súa minguada figura política e desvincularse dos resultados electorais tratando de apontoar o balance da súa administración. 

24/01/2016
24/01/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 18 ao 24 de xaneiro de 2016

1.    Informe

Unha semana logo dos comicios do pasado 16 de Xaneiro proseguen os ecos dos resultados. O PDP inflixiu ao KMT a máis pesada derrota de toda a súa historia, tanto no que se refire ás eleccións presidenciais (56,1% fronte a 31%) como ás lexislativas (68 fronte a 35), deixando á formación nacionalista nunha severa crise. A carreira pola presidencia no KMT xa se iniciou. Trala dimisión de Eric Chu, a elección levarase cabo o 26 de marzo. Aínda que interinamente asumiu a xefatura da formación a vicepresidenta Huang Min-hui, xa anunciaron candidaturas Hung Hsiu-chu e Hau Lung-bin. Tamén os concelleiros de Taipei, Le Hsin e Chung Hsiao-ping.

20/01/2016
21/01/2016
El Periódico

Trala humillante vitoria de Tsai Ing-wen e o Partido Democrático Progresista (PDP) en Taiwan, moitas voces clamaron de inmediato a favor do acougo nas relacións a través do Estreito. E é que, aínda que esperado por todos, o cambio de rumbo na política de Formosa abre un horizonte inevitable de incertezas. A propia Tsai fixo valer en campaña a súa mensaxe de compromiso co status quo, pero a súa propia vitoria é unha derrota en toda regra dun estado de cousas marcado pola interlocución case exclusiva do seu rival, o Kuomintang, no diálogo co continente. 

16/01/2016
16/01/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 11 ao 17 de xaneiro de 2016

1.    Informe

Os resultados das  eleccións presidenciais e lexislativas do 16 de xaneiro en Taiwan ofrecen unha contundencia indiscutible. A vitoria de Tsai Ing-wen (lixeiramente inferior en porcentaxe á obtida por Ma en 2008: 56,12% fronte a 58,44%, pero cunha diferenza de votos superior aos tres millóns) e do PDP marcan o inicio dunha nova etapa na historia política de Taiwan. No arco parlamentario, á vitoria humillante do PDP cabe sumar como dato revelador a irrupción do PNP (Partido do Novo Poder) con 5 escanos, desaparecendo a UST.

16/01/2016
16/01/2016
El Pais

Como reaccionará o continente? China intentou influír no electorado taiwanés reforzando a alternativa do KMT: cume Ma-Xi en Singapur, teléfono vermello, principios de acordo para o transbordo de viaxeiros en Taipei ou o intercambio de oficinas representativas a ambos os dous lados do Estreito… A certificación da idoneidade do KMT para conducir o diálogo complementouse coas advertencias dirixidas aos máis recalcitrantes. Pero do mesmo xeito que as diatribas dos grupos de interese, políticos e económicos, que plantou en Taiwan nos últimos anos, serviulle de pouco para ilusionar aos electores e mitigar as divisións internas do campo azul ou nacionalista.

15/01/2016
15/01/2016
Ahora Semanario Independiente

Tras dous mandatos de goberno do nacionalista Kuomintang (KMT), as eleccións do 16 de xaneiro en Taiwan poden dar un envorco significativo ao mapa político da illa. A derrota do KMT foi largamente anticipada polas enquisas, pero tamén a consecuencia dunha xenerosa secuela de tropezos: deficiente xestión económica, rexeitamento maioritario á política aplicada en relación a China continental, a severa derrota nas eleccións locais de novembro de 2015, a substitución aos tombos da candidata inicial a estes comicios (Hung Hsiu-chu)... En paralelo, a vitoria dos soberanistas do Partido Democrático Progresista (PDP) considérase cousa cantada, restando por saber unicamente si logrará ou non a maioría absoluta no Yuan lexislativo. Un último elemento a considerar é a posible irrupción dun amplo elenco, moi fragmentado, de terceiras forzas. Para iso, deben sortear a barreira do cinco por cento dos sufraxios.

10/01/2016
10/01/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 4 ao 10 de xaneiro de 2016

1.    Informe

A campaña electoral en Taiwan entra na súa última semana. Máis de 300 candidatos disputaranse os 73 escanos directamente elixidos, cun incremento superior ao 30 por cento en comparación con 2012. O Yuan Lexislativo conta con 113 escanos. Aos 73 citados, súmanse 6 reservados ás minorías aborixes e 34 que son elixidos proporcionalmente entre as formacións que superen a barreira do 5 por cento dos sufraxios. Un total de 18 partidos -fronte aos 11 de 2012- toman parte nestes comicios. No actual parlamento, as formacións representadas son seis: KMT (64), PDP (40), UST (3), PPP (3), USNP (2). Tamén figura 1 candidato independente. O elevado número de formacións que concorren obrigou a confeccionar unha papeleta excepcional polo seu tamaño: 73 centímetros de longo e 15 centímetros de ancho. Nas circunscricións aborixes, ata 23 candidatos compiten polos 6 escanos. 

03/01/2016
03/01/2016
OPCh

Hebdomadario de la Política Taiwanesa
Semana del 28 de diciembre de 2015 al 3 de enero de 2016

1.    Informe

Los tres principales candidatos presidenciales celebraron dos debates televisivos. En el primero, llevado a cabo el 27 de diciembre y moderado por Stan Shih, fundador y presidente honorario de Acer, se abordaron tres grandes dosieres: las relaciones a través del Estrecho y el Consenso de 1992, las relaciones comerciales y la importación de carne de cerdo estadounidense y las políticas económicas en relación con la entrada de Taiwan en el TPP.  

26/12/2015
27/12/2015
OPCh

Hebdomadario de la Política Taiwanesa
Semana del 21 al 27 de diciembre de 2015

1.    Informe

La campaña electoral ha subido un peldaño más con el primer y único debate televisivo entre los candidatos a la vicepresidencia de las tres principales fuerzas: Jennifer Wang (KMT), Chen Chien-jen (PDP) y Hsu Hsin-ying (PPP). Además de detallar sus políticas respectivas, debatieron sobre numerosos temas que van desde la prevención de enfermedades a la educación o los bajos salarios de las mujeres.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais