Multipolaridade : Palabra chave

IGADI Annual Report 2022-2023: Globalización e multipolaridade en tempos de Guerra

Globalización e multipolaridade en tempos de Guerra

No 2022 titulamos o IGADI Annual Report (IAR) «Desorde pandémica, interdependencias e guerra» co eco dos últimos latigazos da pandemia e baixo o impacto do inicio da invasión Rusia da Ucraína. Logo dun espellismo inicial arredor dunha vitoria rusa fugaz, a guerra lóstrego cambiou de natureza e avanzou entre unha guerra tradicional e unha guerra marcada, entre moitas outras cuestións, polas innovacións tecnolóxicas en todos os ámbitos, do estritamente militar, ao comunicativo ou económico…

Os BRICS: unha década de expectativas incumpridas?

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Outros

Os BRICS (plataforma intergobernamental integrada por Brasil, Rusia, India, China, Sudáfrica) cumpriron a súa primeira década. Nesa hora do inevitable balance conflúen dúas perspectivas. Uns, en liña coa visión dos países máis desenvolvidos, insisten na dilución progresiva daquela vivacidade inicial que emerxía en 2009, cos primeiros acenos da crise, como materialización efectiva dunha orde multipolar …

Os BRICS: unha década de expectativas incumpridas? Ler máis »

O recambio chinés na xeopolítica global

Liñas de investigación Observatorio de la Política China
Apartados xeográficos China e o mundo chinés

A hexemonía global reside aínda nos EUA como primeira potencia indiscutible tanto no plano militar como no económico ou cultural. Soamente a China pode aspirar a esa posición en virtude do seu crecemento e da mellora do seu poder militar sen pasar por alto o fortalecemento das súas capacidades tecnolóxicas.