Distribuir contido

ONU

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2191 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

04/12/2012
04/12/2012
Praza Pública (Galicia)

Como histórico pero politicamente simbólico pode cualificarse a aprobación realizada a semana pasada pola Asemblea Xeral da ONU, sobre a inclusión de Palestina baixo o estatuto de “Estado observador non membro”. A contundente votación a favor, plasmada na aceptación por parte de 139 países, con 41 abstencións e só 9 votos en contra (entre eles, obviamente, Israel e EUA), lle confire a esta votación un carácter incontestable de lexitimidade.

08/09/2012
08/09/2012

A existencia do MPNA revela que o polo vencedor da guerra fría non logrou convencer de todo das súas bondades a un amplo grupo de países

Vivimos tempos que nos abocan a unha inevitable polarización. Tamén no político e no estratéxico a nivel global. Nese contexto, movementos como o dos países non aliñados (MPNA), procedente da época do mundo bipolar e a guerra fría, viven un segundo cuestionamento tanto pola desaparición daquel contexto fáctico que está no cerne da súa razón de ser como pola hipotética perda de cohesión do movemento.

20/08/2012
20/08/2012
IGADI

Arredor do conflito que se está a desenvolver na Siria existen, grosso modo, dúas posicións sustentadas por dous bloques de países, un que no debate público lideran os EUA e outro que lidera a Rusia. Ambos os países con fortes intereses particulares no país e na rexión. No entanto, os medios de masa occidentais asumen unha posición fortemente parcial en favor do grupo dos EUA, baseándose en informacións non ofrecidas por corresponsais no terreo, senón por axencias terceiras que nalgúns casos non contan tampouco con corresponsais ou que, contando con eles, prefiren recorrer a fontes partidarias. É o caso do recorrente Observatorio Sirio de Dereitos Humanos, que nalgúns medios aparece referido como parte da oposición Siria, mentres que noutros tan importante información tende a ser, ou é sistematicamente, obviada.

22/07/2012
22/07/2012

Beijing, junto con Moscú, opuso su veto el pasado 19 de julio, por tercera vez, a una resolución del Consejo de Seguridad de la ONU cuyo objetivo era imponer nuevas sanciones al régimen de Bashar el Asad, cuya familia lleva cuarenta años en el poder. Pero a diferencia de Rusia, China no parece tener intereses propios y directos en dicho país. ¿Qué razones le motivan para no secundar la posición mayoritaria del Consejo?

29/06/2012
30/06/2012

A decisión de Rabat de retirar a confianza ao enviado especial da ONU para o Sáhara Occidental, o estadounidense Christopher Ross, acusándoo, sen entrar en detalles, de “proceder desequilibrado e parcial”, deixa novamente o conflito desatado en 1976 nunha canella sen saída.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais