Dos Acordos de Oslo ao apartheid
Cando o 13 de setembro de 1993 asinouse a Declaración de Principios entre Israel e a Organización para a Liberación de Palestina en Washington, máis coñecida pola denominación dos Acordos de Oslo, reinaba un xeneralizado clima de optimismo nas relacións internacionais. As grandes potencias occidentais (en particular, Estados Unidos) interpretaron en clave triunfalista os transcendentais cambios rexistrados entón na escena mundial: conversacións e acordos de desarmamento entre Washington e Moscova, caída do muro de Berlín e desaparición da Unión Soviética. En definitiva, o fin da Guerra Fría concluía con catro décadas e media de tensión bipolar e a expansión do sistema capitalista co reforzo da súa vertente neoliberal.