Distribuir contido

PCCh

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2465 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

28/03/2016
29/03/2016
The Huffington Post

Cabe recoñecer a Hung Hsiu-chu a súa tenacidade e afouteza. A ex vicepresidenta do Yuan lexislativo no anterior mandato (2012-2016) logrou derrotar novamente ao todopoderoso aparello do Kuomintang (KMT) ao gañar as primarias internas á presidencia do partido fronte á actual vicepresidenta da formación, Huang Min-hui (56,16 contra 33,02 por cento). Os outros candidatos, Le Hsin e Apolo Chen obtiveron resultados menores. 

22/03/2016
22/03/2016
Fusión

A desaceleración da economía chinesa é resultado da propia iniciativa reguladora tomada polo país? Pódese planificar unha crise? A debilidade dos pedidos industriais, o retroceso do emprego, a baixa da produción como consecuencia da contracción da demanda en Europa, a atonía do sector produtivo, fan sospeitar aos observadores especializados e fundamentan unha sombra de inquietude sobre a capacidade do actual liderado para superar os déficits socio-económicos e políticos que o réxime decidiu afrontar desde 2012.

17/03/2016
18/03/2016
Rebelión

As dúas sesións anuais ou lianghui, que reúnen en Beijing aos integrantes da Asemblea Popular Nacional e a Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés, chegaron ao seu fin. As súas previsións están habitualmente marcadas por unha axenda con pouco espazo para as sorpresas. No entanto, cabería apuntar algunhas “rarezas” desta edición.

16/03/2016
17/03/2016
El Periódico

O impulso ao papel do mercado e o fomento da economía privada, signos liberais da actual fase do proceso de reforma en China, van da man dun rearme ético e ideolóxico que, paradoxalmente, aposta por recuperar os vellos ideais e estereotipos da era maoísta, especialmente do período revolucionario. Así, a recente mensaxe de Xi Jinping á mantenta dos medios de comunicación vén revalidar o control absoluto do PCCh sobre os medios de comunicación. Ben é verdade que isto non é novo pero si o é, en tempos de reforma, a insistencia na reafirmación frontista e sen ambaxes do papel do xornalismo e a propaganda, a quen confire unha función de primeira orde no adoutrinamento público, sen apenas físgoa algunha para o exercicio dun xornalismo cualificable de independente.

10/03/2016
10/03/2016
Revista de Occidente

Vinte e cinco anos logo da disolución da Unión Soviética, o Partido Comunista de China (PCCh) persiste na súa lectura negativa da perestroika. Aínda hoxe, cando o xigante asiático enfráscase na que considera última etapa do seu proceso de modernización, co cambio no modelo de desenvolvemento que a catapultaron á condición de segunda economía mundial, as advertencias contra o afrouxamento do Partido ou a baixada de garda ideolóxica retumban nos corredores de Zhonnanghai. Xa non hai “dous soles no Ceo” -invocación á contenda xurdida nos anos sesenta entre o comunismo soviético e o maoísmo-, pero lonxe de minguar fronte ao triunfo do liberalismo, en Beijing insístese en percorrer un camiño propio que tanto se afaste daquela experiencia malograda como dos cantos de sirena provenientes do lado vencedor da guerra fría en prol dunha democracia pluralista. Como dixo Eduardo Lourenço, o muro de Berlín caeu para ambas partes. E China atende a todo pero está a outra cousa.

09/03/2016
07/03/2016
Diario El Correo (Bilbao)

China está cambiando. Non é só que aquela imaxe dunha China economicamente imbatible se nos antolla agora máis fráxil á vista da súa dolorosa reestruturación, inevitable por outra banda para completar a súa modernización. Os cambios afectan a outros aspectos nos que o xigante asiático modifica a paso acelerado aqueloutra imaxe dunha China centrada na súa transformación interna; pola contra, agora, consciente de que o seu éxito xógase tanto dentro como fóra, persegue tamén unha “actualización” da orde rexional e internacional. 

08/03/2016
06/03/2016
El Pais

O deste ano non será o “debate” de política xeral ao uso nas coordenadas parlamentarias chinesas. Li Keqiang prometerá de novo a mellora das políticas macroeconómicas para facilitar o crecemento á vista de que as reformas estruturais avanzan máis lento do previsto. Na última reunión do Grupo Dirixente para a Reforma Integral que preside Xi Jinping apelouse a aplicar os acordos evitando outras decisións programáticas. En provincias e sectores atopan resistencias. Máis dun cento de documentos aprobados en vinte reunións resumen unha reforma que en moitos lugares só foi de palabra. Os funcionarios estrúganse os miolos analizando o “espírito” pero non o aplican. 

04/03/2016
04/03/2016
Ahora Semanario Independiente


A defensa é unha das “catro modernizacións” (coa industria, a agricultura e a ciencia e tecnoloxía) enunciadas nos anos sesenta polo entón primeiro ministro Zhou Enlai para lograr o desenvolvemento do país. A Revolución Cultural (1966-1976) deu ao traste temporalmente con aquel empeño pero a reforma e apertura de Deng Xiaoping (a partir de 1978) rescatou aquel obxectivo que aínda hoxendía, en tempos das “catro tarefas integrais” (sociedade acomodada, Estado de dereito, reforma e disciplina do Partido), segue guiando o discorrer conceptual e fáctico da longa transición chinesa.

22/02/2016
22/02/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 8 ao 21 de febreiro de 2016

1.      Informe 

A celebración da Festa da Primavera en Taiwan encheuse de loito polo terremoto do 6 de febreiro, a un día da cea de véspera do Ano Novo. Dunha magnitude de 6,7 na escala de Richter, causou máis dun cento de mortos. Numerosos edificios da cidade de Tainan quedaron inclinados como consecuencia do sismo. Máis de 10 quedaron destruídos e outros 550 sufriron danos de consideración. A fiscalía investiga si houbo irregularidades na construción do enorme complexo de vivendas Weiguan que quedou completamente derrubado. Inicialmente atopáronse anomalías no número de perfís de aceiro de reforzo nas vigas de contención que, en contraste co deseñado orixinalmente, utilizáronse só a metade deles. As irregularidades alcanzan ao arquitecto asinante, quen presumiblemente “prestou”  a súa licenza a outro arquitecto.

12/02/2016
14/02/2016
The Huffington Post

O Ano do Mono iniciouse en China o pasado 8 de febreiro e promete unha axenda repleta de asuntos de gran interese e transcendencia. En primeiro lugar, na orde económica, no cal, tras un convulso Ano da Cabra, a transición cara ao novo modelo de desenvolvemento que pilotan os actuais dirixentes ofrecerá unha máis que probable dose acusada de moderación do crecemento para acelerar, en compensación, as transformacións estructurais que potencien o consumo, os servizos, axústelos en materia industrial, social, ambiental, etc. 

12/02/2016
12/02/2016
Alternativas Económicas

Ás tensións derivadas da transición económica, China debe sumar a xestión das reformas en diversos capítulos nos que precisa ofrecer resultados tanxibles de cara ao XIX Congreso do Partido Comunista (2017). A harmonía socioeconómica, a independencia da xustiza, as contradicións territoriais (desde Hong Kong ou Taiwan ao afastado Xinjiang) ou a axenda ambiental constitúen imperativos insoslaiables que non darán un respiro ao liderado do PCCh.

20/01/2016
01/02/2016
ECO

Os datos económicos de China en 2015 non foron especialmente bos. A recuperación económica mundial aínda é lenta e a situación económica interna é complexa, cos riscos financeiros aumentando e o comercio global en tendencia decrecente. Todos eses factores, ao que compre engadir a reestruturación que vive o xigante asiático, afectan á economía chinesa nunha etapa de transición do seu modelo e estrutura de desenvolvemento.

15/01/2016
15/01/2016
Ahora Semanario Independiente

Tras dous mandatos de goberno do nacionalista Kuomintang (KMT), as eleccións do 16 de xaneiro en Taiwan poden dar un envorco significativo ao mapa político da illa. A derrota do KMT foi largamente anticipada polas enquisas, pero tamén a consecuencia dunha xenerosa secuela de tropezos: deficiente xestión económica, rexeitamento maioritario á política aplicada en relación a China continental, a severa derrota nas eleccións locais de novembro de 2015, a substitución aos tombos da candidata inicial a estes comicios (Hung Hsiu-chu)... En paralelo, a vitoria dos soberanistas do Partido Democrático Progresista (PDP) considérase cousa cantada, restando por saber unicamente si logrará ou non a maioría absoluta no Yuan lexislativo. Un último elemento a considerar é a posible irrupción dun amplo elenco, moi fragmentado, de terceiras forzas. Para iso, deben sortear a barreira do cinco por cento dos sufraxios.

23/12/2015
23/12/2015
The Huffington Post

La capital china activó nuevamente la alerta por la contaminación del aire en una decisión que, probablemente, pronto dejará de ser noticia por su carácter habitual. Las olas de smog amenazan el norte del país. La zona afectada incluye el entorno de Beijing, Tianjin, Hebei y varias regiones vecinas, extendiéndose por un área de 560.000 kilómetros cuadrados el sábado y progresando para cubrir hasta 660.000 kilómetros el domingo; es decir, más que la extensión de toda España sumida bajo una espesa capa irrespirable.

06/12/2015
10/12/2015
El Pais

Las relaciones entre China y Venezuela experimentaron un cambio drástico a partir de la llegada al poder de Hugo Chávez (1999). La asociación estratégica sellada en 2001 tenía como soporte esencial la colaboración energética pero con el paso del tiempo, sus relaciones se han ensanchado cada día más. Cuando Xi Jinping visitó Caracas, en julio de 2014, rubricó con el presidente Nicolás Maduro la “asociación estratégica integral” que hoy refleja esa amplitud de sus vínculos. En su etapa al frente de la diplomacia venezolana (2006-2012), Maduro impulsó a conciencia las relaciones bilaterales.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais