Distribuir contido

PDP

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2190 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

25/10/2016
25/10/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 17 ao 23 de Outubro de 2016

1. Informe

As eleccións presidenciais estadounidenses espertan a natural preocupación en Taiwan, tendo en conta os importantes lazos que vertebran as relacións bilaterais. Quen sería máis beneficioso para Taipei: Trump ou Clinton? A candidata demócrata non gusta especialmente en China continental, o cal podería, por engadido, xerar maiores simpatías en Taiwan. Por outra banda, Hillary Clinton recadou importantes fondos entre os taiwaneses radicados en EUA (moito máis que Trump), mostrándose disposta a seguir a política de Obama neste aspecto. No entanto, algúns taiwaneses móstranse receosos co comportamento demócrata en aspectos chave como a venda de armas ou o aval á integración económica (o Acordo Transpacífico, que Clinton non ve con bos ollos). Hillary, en calquera caso, definiu a Taiwan como un importante socio económico e de seguridade de EUA, segura de que contribuirá ao éxito da súa política de Pivot to Asia.

25/10/2016
25/10/2016
El País

Contemporaneamente, China experimentou tres impulsos modernizadores principais. O primeiro foi liderado polo movemento nacionalista Kuomintang (KMT) e acabou por triunfar na illa de Taiwán. O segundo foi protagonizado polo Partido Comunista de China (PCCh) no continente e pilotado por Mao Zedong. O terceiro impulso, tamén no continente, promoveuno Deng Xiaoping e lidérao o actual mandatario chinés, Xi Jinping.

09/10/2016
09/10/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 3 ao 9 de Outubro

1. Informe

En vésperas do Dobre Dez, a presidenta Tsai Ing-wen concedeu unha reveladora entrevista ao diario estadounidense The Wall Street Journal. Tsai recordou que xa no seu discurso de investidura afirmou que respectaría a Constitución da República de China e os acordos subscritos nos últimos anos entre ambos pobos do Estreito, ademais do feito histórico das conversacións bilaterais de 1992. Para Tsai, isto demostra a boa vontade e flexibilidade da súa presidencia, elementos que deben servir para acurtar a distancia coa posición continental. No entanto, os feitos recentes (bloqueo internacional de Taiwan ou intromisión nas políticas internas) “demostran que Beijing volveu ao seu antigo xeito de facer as cousas”, apostilou.

06/10/2016
07/10/2016
Público/OPCh

Un desfile aéreo marcará as celebracións do Día Nacional en Taiwan (o 10 de outubro, tamén coñecido como o Dobre Dez). Os taiwaneses mirarán ao ceo, quizá confiados en que tamén lles reporte un horizonte máis despexado ante o incerto futuro que ameaza a estabilidade do país.

02/10/2016
02/10/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 26 de Setembro ao 2 de Outubro

1. Informe

A presión que China continental exerce sobre a presidenta Tsai Ing-wen e o PDP ten como obxectivo central lograr non xa a aceptación do Consenso de 1992 senón, sobre todo, a renuncia a calquera hipótese independentista. A reunificación nacional é “unha certeza histórica”, apuntou o portavoz da Oficina de Asuntos de Taiwan, Ma Xiaoguang, ao comentar unha carta aberta que Tsai dirixiu aos membros da súa formación con motivo do 30 aniversario da fundación do partido. Tsai pedíalles na misiva “resistir” a presión e “desfacerse da excesiva dependencia” do continente. 

25/09/2016
25/09/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 19 ao 25 de Setembro de 2016

1. Informe

Aínda que enviará igualmente unha delegación, Taiwan non poderá participar nos traballos da OACI (Organización de Aviación Civil Internacional) na reunión convocada en Canadá e que iniciará os seus traballos o próximo día 27 de setembro. En 2013 participou por primeira vez neste cume que analiza e fixa as normas internacionais de seguridade para a aviación. Taipei conserva a responsabilidade da Rexión de Información de Voo da capital, un espazo aéreo crucial en Asia-Pacífico.

21/09/2016
18/09/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 12 ao 18 de Setembro de 2016

1. Informe

Os alcaldes de 8 cidades gobernadas polo KMT (Nova Taipei, Hsinchu, Hualien, Taitung, Kinmen, Lienchiang, Miaoli e Nantou) encabezaron unha delegación a China continental. Foron recibidos, entre outros, por Zhang Zhijun, xefe de asuntos de Taiwan, e Yu Zhengsheng, membro do Comité Permanente do Buró Político do PCCh. China continental anunciou oito medidas para promover os intercambios cos territorios locais representados na delegación taiwanesa. Ambas partes coincidiron en sinalar a adhesión ao Consenso de 1992 e resaltaron a necesidade de incrementar os intercambios, incluíndo o sector agrícola, turístico ou cultural. Non houbo acordos -que requirirían autorización previa- pero si compromisos dun “trato especial” ao poder local do KMT, empeñado en reiniciar as relacións a ambos os dous lados. O primeiro ministro Lin Chuan destacou o valor positivo destes intercambios pero recordou que “non deben realizarse baixo ningunha premisa política”. 

11/09/2016
11/09/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 5 ao 11 de Setembro de 2016

1. Informe

Recentemente declarouse en quebra o primeiro operador turístico de Taiwan especializado en atender a grupos de turistas chineses, un feito que podería desencadear un efecto dominó no sector. En consecuencia, este mobilizouse para sacar á rúa a miles de traballadores co propósito de premer ao goberno que reaccionou en primeira instancia anunciando sete plans para estabilizar e revitalizar a industria e deu vía libre a un fondo de 952 millóns de dólares en préstamos para o sector. O anuncio, no entanto, non acougou os ánimos e o 12 de setembro espérase en Taipei unha nutrida manifestación. 

04/09/2016
04/09/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 29 de Agosto ao 4 de Setembro de 2016

1. Informe

A reforma do sistema de xubilación está na orixe da primeira mobilización masiva contra o goberno de Tsai Ing-wen. Unha alianza de militares retirados e activos, funcionarios e profesores das escolas públicas tomaron as rúas de Taipei o día 3 para protestar contra o que consideran “estigmatización” dos pensionistas do sector público. O KMT prestou o seu apoio á protesta que reuniu entre 117.000 e 250.000 persoas, segundo as fontes. 

26/08/2016
26/08/2016
Diario Público

Os primeiros cen días de Tsai Ing-wen á fronte da presidencia taiwanesa saldáronse cun primeiro descenso por baixo do 50 por cento en popularidade. A súa formación, o Minjindang ou PDP, apresurouse a moderar a significación de devandito dato argumentando que aínda así está por riba dos niveis comparados de aceptación do seu predecesor, Ma Ying-jeou, do rival Kuomintang, en similar período. 

21/08/2016
21/08/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 15 ao 21 de Agosto de 2016

1. Informe

A “Nova Política cara ao Sur” vai tomando corpo. A Presidencia aprobou as liñas directrices para promover os lazos económicos, tecnolóxicos e culturais cos países da rexión. Trátase de auspiciar un “novo modelo de cooperación” que aspira a impulsar os intercambios en materia de investimentos, turismo, cultura e recursos humanos, entre outros. O goberno ansía converter a Taiwan nun innovador e provedor de servizos reforzando as conexións rexionais no dominio do soft power, cadeas de provedores, mercados e intercambios entre os pobos. 

13/08/2016
14/08/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 8 ao 14 de Agosto de 2016

1. Informe

O KMT segue transitando polo seu peculiar via crucis. Dunha parte, non oculta a preocupación polas consecuencias da lei que auscultará todas e cada unha das súas propiedades e activos. Algúns rumores apuntan a que está considerando dar ao seu persoal cinco meses de salario por adiantado para evitar que o diñeiro caia en mans do Estado. A lei recentemente aprobada establece que os partidos só poderán ter ingresos procedentes das cotas dos seus membros e de doazóns. Todos os demais activos obtidos desde 1945 pasarán ao patrimonio do Estado. 

24/07/2016
24/07/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 18 ao 24 de Xullo de 2016

1. Informe

No recente congreso nacional do Minjindang ou Partido Democrático Progresista, a presidenta Tsai Ing-wen instou a toda a militancia a recordar os ideais que os levaron a entrar en política. O seu chamamento levaba implícita a necesidade de responder ás demandas cidadás a fin de satisfacer as expectativas públicas. Para Tsai, non é este o momento de facer fronte a cuestións delicadas no contexto político actual senón de acumular capacidades para facer fronte ás diferentes crises, tanto ás estruturais como ás urxentes. 

02/07/2016
03/07/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 27 de Xuño ao 3 de Xullo de 2016

1. Informe

A primeira viaxe ao estranxeiro da presidenta Tsai Ing-wen saldouse cun balance desigual. Dunha parte, rexistrou datos positivos como o feito de que un voo chárter presidencial puidese cruzar o espazo aéreo cubano (cando os ex presidentes Lee Teng-hui ou Ma Ying-jeou visitaron Panamá, os seus voos transitaron a través de Hawai e Los Angeles, respectivamente). Doutra parte, a presidenta Tsai puido manter contactos de diverso nivel con algunhas das autoridades desprazadas a Panamá (non só de aliados senón tamén de países como Chile, Arxentina, Ecuador ou España, por exemplo) e tamén cun importante número de expatriados chegados de países como Costa Rica, Colombia, Brasil ou República Dominicana. Tsai, que aproveitou a xira para reafirmar os lazos coa rexión, reivindicou igualmente unha diplomacia que permita a Taiwan contar a nivel global.

18/06/2016
19/06/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 13 ao 19 de Xuño de 2016

1.      Informe

Diversos encontros celebrados no continente nas últimas semanas ofrecen pistas sobre o que poderiamos cualificar de “axustes” na política continental cara Taiwan. Á coñecida e aberta condena do goberno de Tsai Ing-wen súmase agora a reactivación do Consello Chinés para a Promoción da Reunificación Nacional Pacífica, que multiplica as súas reunións con líderes e colectivos da illa para encarar a continxencia que supón o acceso ao poder en Taipei do PDP. Por outra banda, multiplica as iniciativas en relación ao KMT, a quen parece atribuír un papel de maior relevancia si cabe na xestión dos intercambios, retrotraéndonos a un escenario similar ao do período 2005-2008. Tanto en Yunnan como en Xiamen pareceu plasmarse a idea de que será o Departamento de Asuntos de China Continental do propio KMT quen protagonizará esta nova etapa, en detrimento da SEF e outras instancias de maior rango oficial de Taiwan. Esta nova formulación podería subscribirse no encontro que PCCh e KMT celebrarían pasado o verán. Entón, Hung Hsiu-chu podería reunirse con Xi Jinping. A plataforma PCCh-KMT afianzaríase como unha vía alternativa para xestionar os intercambios a través do Estreito.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais