Distribuir contido

portugués

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2355 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

12/11/2020
12/11/2020

O compromiso coa lingua galega é un trazo fundacional do IGADI que vivenciei desde o primeiro día que entrei pola súa porta, na sede histórica de Baiona no ano 2009. O motivo dese empeño do IGADI, de 29 anos xa (1991-2020), ten dúas razóns esenciais. Primeiro, se o galego é a nosa lingua e un dos propósitos do IGADI é sensibilizar á nosa sociedade na transcendencia dos asuntos globais para desenvolver ideas e proxectos acordes cos nosos intereses exteriores, iso, por coherencia, débese facer na lingua propia. Segundo, porque se o IGADI ambiciona proxectar a Galicia no exterior debe facelo a partires de si propio, coa súa identidade xenuína, e iso, tamén, fai que só teña sentido partindo do galego e defendendo ao tempo que ese empeño non é excluínte con outras perspectivas, complementares e multiplicadoras, reafirmando a plenitude do noso compromiso, así como coa diversidade lingüística, coa vantaxe comparativa a todos os niveis da natureza internacional do galego na conexión co portugués.

05/03/2019
05/03/2019

Considerar o portugués como lingua estranxeira é un grave problema de diagnóstico. A causa delo, a vantaxe de que o galego e o portugués compartan tronco lingüístico estase convertendo nun obstáculo real para o achegamento da xuventude ao emprego da lingua irmá, cando tiña que ser o contrario.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais