Distribuir contido

Uxio Benitez

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2314 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

05/05/2020
06/05/2020
Praza

Aínda que unha das primeiras medidas reactivas á propagación do Covid-19 foi o restablecemento das fronteiras, o certo é que o novo coronavirus pode saltalas con relativa facilidade. Como tamén o é que ningún país é quen, por si só, de liquidar a pandemia e que a solución pasa pola acción coordinada e multilateral mal que lle pese a quen tenta deslexitimar o papel da OMS, con todas as limitacións e servidumes que teña. Iso non quita que ata un país pequeno poida achegar expertise de alto valor para a comunidade internacional. Está sendo o caso de Taiwán, dunha extensión semellante a Galicia, que leva apenas media ducia de falecidos e menos de 500 casos confirmados cun proceder que o sitúa na vangarda. Non é o noso caso.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais