Distribuir contido

Galego

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2342 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

02/06/2020
02/06/2020

Documento escrito e traducido ao galego por Luís Antonio González Francisco, orixinariamente publicado en castelán polo OIET (Observatorio Internacional de Estudios sobre Terrorismo).

 

O 7 de outubro do 2001, despois de que as forzas aliadas lideradas polos Estados Unidos agrediran a nosa patria, o Emirato Islámico que representou á nación afgán, coa Axuda Divina de Alá, e finalmente chegou a un acordo para a fin da ocupación de Afganistán despois de case dezanove anos de Xihad e loita. Esta vitoria é a vitoria colectiva de toda a nación musulmán e muxahid, dos nosos irmáns e irmás que deron sacrificios monumentais e extraordinarios de vida e riqueza durante case dúas décadas”. Desta maneira, O 29 de febreiro do 2020, Hibatullah Akhundzada, o emir dos talibáns afgáns, anunciaba a sinatura dun acordo de paz coa administración dos EUA. Este acordo chega máis de 23 anos despois de que os talibáns tomasen Kabul a chumbo, sangue e lume e case dúas décadas despois dunha intervención militar estranxeira no Afganistán liderada polos Estados Unidos. Ao longo deste período, os talibáns endexamais renunciaron a teoría e a praxe violenta, inspirada e sostida na súa particular visión da fe islámica. Ata que finalmente acadaron a sinatura do acordo de paz, o que os situou de facto nun estatus de igualdade ante a administración dos EUA, os talibáns percorreron un tortuoso camino.

01/06/2020
01/06/2020

Como cada ano saíu o IGADI Annual Report 2019-2020, o informe anual de relacións internacionais e política global do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, este ano titulado: “Da guerra comercial á Covid19”. No documento identifícanse cinco perspectivas coas que seguirlle a pista ao atribulado ano global en curso.

31/05/2020
31/05/2020
Praza

Chegaron ao seu remate as sesións parlamentarias chinesas, excepcionais en moitos aspectos este ano por mor da pandemia que está deixando tras de si pegadas moi importantes na economía e na sociedade de todo o mundo; e tamén polo incremento exponencial da tensión xeopolítica cos EUA en razón do crecente gansterismo diplomático da Administración Trump.

26/05/2020
26/05/2020

Cando amaine a treboada e a pandemia estea baixo control, cal será a percepción que terán uns estados dos outros? Xa sexa o modelo de democracia británico, “les lumières” francesas ou as presuntamente inxentes capacidades de Washington, hai conceptos que vanse ver seriamente afectados e comprometidos pola crúa realidade da xestión da Covid-19. Porque os diferentes gobernos que pretenden ter sabido loitar eficazmente contra o coronavirus dentro das súas fronteiras, cando todo remate, van ser taxados, establecéndose táboas de gañadores e perdedores, discriminándose entre estados eficaces e aqueles que non o foron tanto, ou mesmo quen abondaron na mediocridade. Unha avaliación que, probablemente, dexenerará nunha competición propagandística planetaria con reminiscencias de guerra fría. Os retos son enormes, xa que poderían implicar cambios profundos na relación de forzas no mundo e mesmo precipitar a chegada dun mundo posestadounidense.

26/05/2020
26/05/2020

Coa detención de Félicien Kabuga, de 84 anos, o pasado 16 de maio por parte das autoridades francesas, chega á súa fin -após máis de 25 anos- a procura dun dos considerados principais autores do xenocidio de Ruanda.

22/05/2020
22/05/2020

Este artigo fai parte do IGADI Annual Report 2019-2020 "Da guerra comercial á Coivd19

Ao elaborar esta reflexión sobre o actual momento da migración no mundo, nunha contorna global, xurdiu a nivel internacional, a expansión do novo coronavirus. Ante este fenómeno de saúde global, as narrativas que ofrecen solucións estado-nacionais para atender a devandita pandemia, lévannos a pensar na intensificación e normalización de miradas que asumirán que “Primeiro o meu País!” antes que calquera iniciativa de cooperación global. A evolución das políticas migratorias e de fronteiras, como veremos máis adiante, mostra unha contorna pouco favorable para as persoas que por diferentes razóns fan a súa vida en movemento.

22/05/2020
22/05/2020

O terrorismo e o crime organizado son dous fenómenos ilícitos distintos que, tradicionalmente, viñan sendo estudados por separado. Porén, as novas dinámicas da sociedade internacional globalizada fan posible a aparición dun novo fenómeno: a converxencia entre crime e terror. Ata hai pouco, as interaccións entre axentes do crime organizado e terroristas adecuábanse ao concepto de “nexo”: un vínculo puntual entre ámbolos dous, limitado a certos aspectos pola súa propia natureza, e motivado por un espazo común alimentado pola lóxica da necesidade. Con todo, criminais e terroristas seguían sendo dúas entidades ben diferenciadas.

22/05/2020
22/05/2020

Este artigo fai parte do IGADI Annual Report 2019-2020 "Da guerra comercial á Coivd19"

O pasado 2019 foi un ano de revisión, no que tanto as Nacións Unidas -e as súas institucións dependentes- como moitos Estados (tales como o español) fixeron un exercicio de auto-avaliación a partir do que extraer o punto de situación no que se atopa a implantación da Axenda 2030 e así sentar as bases para acadar as metas marcadas en cada unha das 17 dimensións sobre as que se constrúe.

20/05/2020
20/05/2020

Este artigo fai parte do IGADI Annual Report 2019-2020 "Da guerra comercial á Coivd19

Temos por feito moitas cousas que nos afectan intimamente e diariamente, descoidadamente. Empregamos moitos termos extremadamente importantes sen pensar na súa definición. Por exemplo, que é a democracia? Cales son as súas características fundamentais? Entre os meus estudantes, as definicións presentan semellanzas, pero as listas de calidades sempre difiren. Do mesmo xeito, "a xente vota" supera todos os inventarios. Co cal, deduzo que pensamos no factor procesual da democracia, pero é moi incompleto. Esta realidade vese máis claramente nos momentos de crise, coma a que estamos a vivir agora á sombra do coronavirus.

20/05/2020
20/05/2020

Este artigo fai parte do IGADI Annual Report 2019-2020 "Da guerra comercial á Coivd19

O potencial impacto da propagación a grande escala da Covid-19 en África podería ter dramáticas consecuencias a máis dun nivel. Non existen medios consecuentes para un diagnóstico fidedigno da extensión do andazo, nin os réximes en liza se caracterizan precisamente pola súa transparencia informativa, pero no momento de redactar estas liñas todo apunta a que a situación epidemiolóxica mantense relativamente contida e moi lonxe do estado de cousas en Europa e os Estados Unidos. Porén, xa teñen saltado todas as alarmas, conscientes os poderes africanos do veraz risco de inestabilidade e da case inexistencia de vectores de resiliencia para facer fronte a unha profunda crise máis aló dos seus límites territoriais, con dimensións globais, e que se atopa na súa fase inicial. O coronavirus actuará como certo detonante e amplificador de factores de risco estruturais, ameazando con deixar en franca evidencia os límites e incapacidade dos diferentes estados africanos, os seus respectivos sistemas e elites, impotentes para protexer ás súas poboacións e ofrecer aos seus cidadáns un horizonte de salvación.

19/05/2020
19/05/2020

Este artigo fai parte do IGADI Annual Report 2019-2020 "Da guerra comercial á Coivd19"

Xa entrados no 2020, ningún país do mundo, nin tan sequera os máis avanzados, lograron pechar a fenda de xénero, particularmente polo que respecta aos ámbitos político e económico. A discriminación contra as mulleres segue a ser persistente en todo o planeta, especialmente nos países menos desenvolvidos. Ademais, as crises sempre teñen efectos moito máis devastadores sobre as mulleres, xa sexa esta unha crise económica como a de 2008, onde as mulleres son as primeiras en perder os seus traballos debido á súa precariedade, ou sanitaria, como a actual pandemia do COVID-19, debido a que as mulleres son as que exercen en maior medida labores de asistencia sanitaria, limpeza ou venda en supermercados e, por ende, están máis expostas a un posible contaxio. Todo iso á vez que soportan o coidado de toda a familia.

19/05/2020
19/05/2020

Este artigo fai parte do IGADI Annual Report 2019-2020 "Da guerra comercial á Coivd19". Por Niranjan Marjani, xornalista e analista independente de Vadodara, India.

Narendra Modi está no seu segundo mandato como primeiro ministro da India. A súa elección en 2014 e reelección no 2019, foron acontecementos emblemáticos na política india. En 2014 converteuse no primeiro ministro en 30 anos en gañar unha maioría absoluta para o seu partido, o Partido Bharatiya Janata (BJP). En 2019 de novo, o BJP gañou a maioría absoluta baixo o seu liderado.

19/05/2020
19/05/2020

Este artigo fai parte do IGADI Annual Report 2019-2020 "Da guerra comercial á Coivd19"

Neste confuso 2020 conflúen varios factores favorábeis para que Irlanda sexa un só Estado e supere, un século despois, a división imposta pola potencia colonial no 1921, cando se asinou o tratado que deu fin á súa guerra de independencia.

19/05/2020
19/05/2020

Este artigo fai parte do IGADI Annual Report 2019-2020 "Da guerra comercial á Coivd19". Por Augusto Zamora, Profesor de Dereito Internacional, ensaísta e escritor. Os seus últimos libros son; “Política e xeopolítica para rebeldes, irreverentes e escépticos” (Akal, 3ª edición 2018), “Requiem polifónico para occidente” (Akal, 2018) e “Liberadores malditos” (Siglo XXI Editores, 2020)

I

Tres crises telúricas provocaron a humanidade entre 1914 e 2020: as dúas guerras entre imperios europeos, máis tarde chamadas guerras mundiais, e a pandemia covídica do 19, que atrapou a todos os gobernos do mundo. As dúas devastadoras guerras mundiais cambiaron o mundo, non a especie humana, aínda que é imposible negar que as sociedades non cambiaron. Para imaxinar o mundo que deixará a Covid19, é pertinente recordar as dúas hecatombes bélicas. Un pouco para ver o pasado e para intentar comprender mellor este presente viral. Comecemos coa Gran Guerra, que, aínda que só se loitou en Europa, tivo efectos planetarios (houbo pequenos conflitos nas colonias, pero foron absolutamente residuais).

15/05/2020
15/05/2020

Este artigo fai parte do IGADI Annual Report 2019-2020 "Da guerra comercial á Coivd19"

Os escenarios dun conflito violento entre Beijing e Washington apuntan principalmente no ciclo da escalada de tensión 2016-2020 en dúas direccións: o mar da China meridional e Taiwán. En ambos os dous casos, a tensión aumenta como tendencia sostida desde 2016, xerando escenarios especialmente sensibles para a xestión do conflito coa aparición da Covid19.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais