images publicacions libro galicia solidaria

Galicia Solidaria. O sistema galego de cooperación ao desenvolvemento. 2009

Xulio Ríos, Carlos Teijo (eds.), edicións Xerais de Galicia, 2009, Vigo, 332 páxinas.

images publicacions libro galicia solidaria

Xulio Ríos, Carlos Teijo (eds.), edicións Xerais de Galicia, 2009, Vigo, 332 páxinas. 


Galicia Solidaria é un libro de autoría colectiva que analiza o sistema galego de cooperación ao desenvolvemento desde unha visión panorámica, abordando a súa evolución e manifestacións desde a opinión reflexiva dos propios protagonistas e a partir de diferentes ópticas. O papel institucional, a axuda humanitaria, o comercio xusto, os medios de comunicación, a educación, o contexto galego, o sistema internacional, a acción exterior, a evolución, o marco normativo…, son algúns dos temas que se dan cita neste libro onde se pon de manifesto que é posible mudar o mundo.A cooperación é un instrumento transformador que contribúe non só a mellorar o estatus das persoas desfavorecidas, senón tamén a sementar unha conciencia crítica e solidaria sobre o mundo.As sociedades desenvolvidas temos unha especial responsabilidade á hora de promover unha orde internacional máis xusta e equitativa. Desde Galicia, persoas, colectivos, entidades e institucións impulsan diferentes dinámicas de cooperación internacional que tratan de acompañar os procesos de desenvolvemento nos países do Sur, ao tempo que promoven iniciativas dirixidas á cidadanía galega para alentar o compromiso e o fomento destas políticas. Este libro explica todas as claves.Froito do programa de investigación do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, www.igadi.org) sobre cooperación ao desenvolvemento, colaboraron na edición: Manuel Dios, Juan Carmelo García García, Fidel Martín, Rosa Muñiz Castro, Enrique Peña, Margarita Pérez Herráiz, David Reinero, Virxinia Romero, Susana Ruíz Seisdedos e Xavier Sánchez Pazos. A concepción e edición foi obra de Xulio Ríos e Carlos Teijo, autores tamén de varios capitulos do volume.