images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 0 portada

25 Anos en 25 Frases (2017)

En 2016, o IGADI cumpre 25 anos. Con tal motivo, quixemos reunir 25 pequenas frases de 25 amigos/as que resumen a súa particular visión deste proxecto.

En 2016, o IGADI cumpre 25 anos. Con tal motivo, quixemos reunir 25 pequenas frases de 25 amigos/as que resumen a súa particular visión deste proxecto.

images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 0 portada
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 1 alfredothorohardy
“IGADI non só constitúe un dos think tanks máis respectados de España, senón que se transformou en referencia obrigada para todos os que desde Europa ou América Latina desexan dar un seguimento serio, obxectivo e estruturado aos asuntos globais. Á vez, por vía da súa participación no Observatorio de la Política China, é factor de interconexión con ese país. A  través de IGADI, Galicia non só ten unha visión do mundo, senón que se converteu nun punto de convocatoria deste. Non hai dúbida de que foron 25 anos extraordinariamente frutíferos. Felicitacións”.
Alfredo Toro Hardy, diplomático, académico e intelectual venezolano.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 2 iondelariva
“Unha fiestra aberta ao mundo desde Galiza. Isto é o IGADI, unha aposta por entender e participar nos asuntos internacionais desde Galiza.”
Ion de la Riva, diplomático e primeiro director de Casa Asia.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 3 marianoagruirre
“IGADI é unha das máis importantes iniciativas de visión cosmopolita levadas a cabo nas últimas décadas en Europa.  Desde o espazo local de Galicia, IGADI, coa visión e liderado de Xulio Ríos, ocupouse de analizar e divulgar cambios estruturais do sistema internacional. Primeiro sobre a ex URSS ao final da Guerra Fría,  e logo especialmente acerca de China e a zona de Asia-Pacífico. Á súa vez, axudou a situar ese espazo local na perspectiva estatal española, e vinculalo co contexto de identidades atlánticas (desde Irlanda ata América Latina) desde un nacionalismo con visión aberta e universalista. Este cosmopolitismo complementouse co interese en temas transversais como a paz, o desenvolvemento e a gobernanza.”   
Mariano Aguirre,  director do Norwegian Centre on Conflict Resolution (NOREF), Oslo.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 4 antoniocarlospereiramenaut
“25 anos de Galicia universal e con raíces”.
Antonio Carlos Pereira Menaut, Catedrático de Dereito Constitucional Español e da UE (2010), e Jean Monnet Chairholder of EU Constitutional Law (1999).
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 5 mikelburzako
“Nos seus primeiros 25 anos, o IGADI demostrou a necesidade de contar con unha estratexia no campo internacional e que a súa base reside no coñecemento e na súa achega intelectual. Só así, as pequenas nacións lograrán o seu debido espazo nesta era global e dese xeito tamén enriquecer a humanidade coa súa propia singularidade”.
Mikel Burzako, responsable da área de Relacións Exteriores e Promoción Internacional do Euzkadi Buru Batzarreko Burukidea, Partido Nacionalista Vasco.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 6 lucianoconcheiroborquez
“O día que saímos da nosa patria… como dicía Castelao… Nos repensamos nunha  universalidade moi propia. Para os galegos refuxiados alén mar e os seus descendentes, IGADI representa portos ligados por puntas de reencontro e relacións entre Galicia e os emigrados e á vez un espello que nos reflicte a todos en imaxes ao infinito de “os adeuses” nun posible “nós” das memorias que ligan historias de amor e desesperanza guiadas nun xogo de palabras cunha utopía posible dunha Galiza Ceibe na súa globalidade e na globalidade toda.”   
Luciano Concheiro Bórquez (México-Galiza-Mundo), Profesor-Investigador da Universidade Autónoma Metropolitana de Xochimilco (México).
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 7 carmenmagallonportoles
"Para nós, que coñecemos o IGADI a través da participación nos nosos cursos, seminarios e publicacións do seu director Xulio Ríos, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional é sobre todo... ¡China!: saber experto e vivido dese inmenso e fascinante país. Pero non só. Política Exterior da fe de que IGADI é un referente de análise independente  e comprometida no campo das Relacións Internacionais. Desde o seco Aragón felicitámosvos por estes 25 anos mentres achamos de menos con sa envexa a humidade verde do voso entorno". 
Carmen Magallón Portolés, directora da Fundación Seminario de Investigación para a Paz, Centro Pignatelli, Zaragoza.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 8
"A internacionalización, camiño, espazo de encontro, reflexión e interacción. Mil flores para o IGADI, cabal bandeira de Galicia célula de universalidade".
Xosé María García Palmeiro, xornalista.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 9 teresataboasveleiro
“0 Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional ( IGADI ) amosou nestes 25 anos, que só dende a comprensión do espazo mundo seremos quen de coñecernos como país, e así, sabedores das nosas potencialidades poderemos interactuar responsablemente con el.” 
Teresa Táboas Veleiro, Doutora Arquitecta.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 10 manuelamesa
“O IGADI é como o bambú, flexible cando hai vento para adaptarse aos cambios no contexto internacional, pero robusto e forte (como para construír unha casa) ; cun marco baseado nuns principios e valores o suficientemente sólidos e rigorosos como para ofrecer unha mirada alternativa e transformadora da realidade.”
Manuela Mesa, Directora CEIPAZ, Fundación Cultura de Paz.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 11 luisfilipelobofernandes
“Em tempos de aceleração e transformação internacional, o IGADI é sinónimo de trabalho, consistência, e critério. Em rigor, uma perspectiva da Galiza para o mundo que se tornou indispensável. “
Luís Filipe Lobo-Fernandes, Catedrático Jean Monnet de Integração Política Europeia e professor de Relações Internacionais na Universidade do Minho.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 12
“Cando tanto se fala de abrirmos camiños ao exterior para estarmos presente no mundo, o Igadi é unha canle eficaz para levar e traer comunicación, unha representación que viaxa levando a nosa marca-país garantíndonos o respecto que nos dá a presenza alén das nosas fronteiras.”
Xosé González Martínez, presidente do Foro Enrique Peinador.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 13 teresabarro
“O Igadi é un esforzo imenso e contra corrente para dotar a Galiza da dimensión internacional que toda nazón precisa desenvolver se non quer quedar encativada e sen entender quen é e onde está. O Igadi, con gran visión, parte  de que situar a Galiza no mundo internacional non pode consistir só en facer propaganda do país, senón en traballar por entender ese mundo, aprender e propiciar o espírito de reciprocidade.”
Teresa Barro, escritora.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 14 robertomontoya
“¡Quen diría en 1991 que ese pequeno grupo de homes e mulleres aos que Xulio Ríos embarcou desde aquel piso fronte ao Parador de Baiona na aventura de axudar a proxectar no exterior a potencialidade que ten Galicia, conseguiría tanto no seu primeiro cuarto de século de vida! Hoxe o IGADI é unha referencia non só dentro das fronteiras de Galicia ou do Estado español senón a nivel internacional. ¡Noraboa a todo o equipo que o fixo posible!”
Roberto Montoya, xornalista e escritor.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 15 alfredogilnovoa
“Ao IGADI cabe recoñecer, entre outros, o seu determinante papel na fundación, desenvolvemento e consolidación do Fondo Galego, un referente hoxe do sistema de cooperación internacional na nosa Terra. Sen el, esta iniciativa tería moi difícil a súa supervivencia e aínda hoxe é a garantía da súa continuidade e bo facer.”
Alfredo Novoa Gil, ex presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 16
“O IGADI representa un labor exitoso para unha aposta de todos en defensa dunha nova cooperación solidaria dirixida por un grupo dinámico e comprometido”. 
Fernando González Laxe, ex presidente da Xunta de Galicia.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 17 joamlopesfacal
“O perímetro de Galiza é o mapa-múndi, o empenho do IGADI, transitá-lo”
Joám Lopes Facal, engenheiro, doutor em economia, activista do galego sem fronteiras.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 18 tinosantiago
“O marabilloso do IGADI é que, nacendo para contarnos “o mundo visto desde aquí”, obríganos a pensar quen somos, que pinta un país como Galicia neste novo mundo interdependente. Descóbremos que somos distintos e somos iguais. Parabéns e grazas.”
Tino Santiago, xornalista.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 19 ramonvillarespaz
"O IGADI é a mellor expresión actual da vella aspiración galeguista de entender Galiza como unha "célula de universalidade". Un país non é grande sen recoñecemento exterior e o IGADI é a ponte para ese diálogo".
Ramón Villares Paz, Presidente do Consello da Cultura Galega.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 20 nuriacampsividal
“O IGADI é un referente imprescindible en acción exterior, non soamente para Galiza senón para os que, desde outros países como Catalunya, creemos na cooperación solidaria  como vía para fortalecer as identidades e os dereitos colectivos de pobos e culturas. ¡Noraboa ao IGADI por estes 25 anos de boas prácticas en acción exterior!”.
Núria Camps i Vidal, directora de AVALUEM e presidenta do Consell de Cooperació al Desenvolupament de la Generalitat de Catalunya.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 21
“IGADI: vintecinco anos promovendo diálogo, solidariedade e xustiza  como bases firmes da convivencia e a paz mundial. Noraboa.”
Xesús Palmou, doutor en Dereito e ex secretario xeral do PP de Galicia.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 22 ricardoantunes
"O IGADI completa 25 anos. Tem se destacado, durante esse já longo período, em acompanhar cuidadosamente os principais movimentos que vem ocorrendo no cenário internacional, talvez o mais atormentado e tenso, desde o fim da chamada "Guerra Fria".  Suas análises críticas, suas informações e reflexões têm, por isso, ajudado não só os galegos, mas todos e todas que acompanham com atenção os embates, desafios, lutas e confrontos no cenário mundial. E essa tem sido também a principal contribuição de suas publicações, como a excelente revista Tempo Exterior, que está sempre atenta, em suas páginas, ao que de mais importante ocorre nesta era global de tanta crise e destruição”. 
Ricardo Antunes é Profesor Titular de Socioloxía do Traballo no Instituto de Filosofia e Ciências Humanas da Universidade Estadual de Campinas (IFCH/UNICAMP), Brasil.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 23 franciscorodriguez
"O pobo galego necesita coñecer o mundo desde si, e analizar o que acontece desde unha perspectiva propia, a que ten presente que o pobo galego existe: O IGADI responde a esta vontade de ser e a esta necesidade de mirar cos nosos propios ollos. O IGADI, por seu empeño e  polos seus obxectivos, forma parte dunha sociedade que se esforza por vertebrarse en todas as ordes da vida. Os seus 25 anos de existencia sono tamén de dificultades, acertos e decisión para continuar adiante, a mesma que anima o pobo galego máis consciente nesta conxuntura histórica tan difícil como necesitada de paciencia e de coraxe."
Francisco Rodríguez é doutor en Filoloxía Románica, ensaísta e dirixente da Unión do Pobo Galego.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 24 begonhajamardosuarez
“O IGADI foi o primeiro faro capaz de guiar e tender pontes entre Galicia e Asia. Como galega síntome orgullosa do seu comprometido e rigoroso labor internacional e agradezo a Xulio Ríos estes 25 anos de entusiasmo e esforzo por dar voz e prestixio á nosa Terra no mundo. Moitas felicidades e moitísimas grazas”.
Begoña Jamardo Suárez, Profesora de Comunicación Intercultural e responsable de Expansión Asia da Escola de Negocios Afundación de IESIDE.
images 25anosen25frases igadi folletofrases25anos 25 susicastro
“O IGADI evoca os trazos daquel galeguismo no que militou Plácido Castro. É esa perspectiva plural, comprometida e universal que Galicia precisa en todo tempo e circunstancias”.
Susi Castro, presidenta da Fundación Plácido Castro.