O IGADI e a Academia da Gobernanza Global & Estudos de Área da Universidade Tecnolóxica de Guandong lanzan “A Axenda 2030 e o diálogo China-Iberoamérica”
A publicación nace da reflexión de que un maior coñecemento mutuo é imprescindible para a consecución dos retos globais da Axenda 2030. Lánzase no marco das actividades que realizaremos para visibilizar o Cumio do Futuro 2024 de Nacións Unidas (22 e 23 de setembro).