images ccsociaisponte28

A historia da acción exterior de Galicia visita a Universidade da man dos 28 anos do IGADI

- O mércores 9 de outubro Daniel González Palau, actual Director do IGADI, intervirá en Pontevedra e Santiago, pronunciando unha conferencia sobre a historia do IGADI e o estado actual da acción exterior galega.
- Será ás 12:00 no marco das celebracións polo 25 aniversario da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, (Universidade de Vigo), e ás 19:00 no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago de Compostela (USC),
- As intervencións prodúcense no marco da conmemoración dos 28 anos do IGADI (en redes sociais #28anosIGADI), que coincide co proceso de construción da futura Lei Galega de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento, da que coñecemos o Anteproxecto de Lei desde o 23 de xullo.

images ccsociaisponte28                images politicascompos28

Desde a súa fundación en 1991, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org) naceu como un proxecto independente de partidos, empresas ou institucións, para construír un think tank de relacións internacionais.

Entre outros fitos da historia da entidade, que se repasarán durante a intervención de Daniel González Palau, cómpre destacar:

• Durante os anos 90 promoveu a reflexión sobre a paradiplomacia galega e a cooperación internacional municipalista  galega, constituíndo xunto a 10 Concellos e a Fegamp, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no 1997. Actualmente o Fondo Galego conta con 100 municipios socios e as Deputacións de A Coruña, Pontevedra e Lugo.

• O IGADI elaborou o primeiro Libro Branco da Acción Exterior de Galicia no ano 2003 durante a Presidencia de Manuel Fraga.

• No ano 2008 o IGADI creou o proxecto -OGALUS (Observatorio Galego da Lusofonía) prestando unha atención permanente aos espazo internacional da lusofonía. No 2019 organizou o III Congreso de Estudos Internacionais “Galicia e a Lusofonía diante dos desafíos globais” na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

• O IGADI fai parte como entidade experta do Consello Galego de Acción Exterior da Xunta de Galicia desde desde a súa creación en 2010.

• O IGADI é unha entidade de recoñecido prestixio no ámbito dos estudos chinos, impulsando o Observatorio de la Política China desde 2005 en colaboración con Casa Asia. No ano 2018 Xulio Ríos, fundador e Presidente de Honra da entidade gañou o premio Cátedra China.

• Na Estratexia Galega de Acción Exterior impulsada pola Xunta de Galicia e en funcionamento desde o pasado 1 de marzo de 2018 cítase textualmente ao IGADI como un actor chave para a acción exterior de Galicia en Asia e China.

• O IGADI elaborou durante o último mandato municipal 2015-2019 os estudos de Bases de Acción Exterior dos Concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra e Lugo. O 21 de marzo de 2019 o Pleno do Concello da Coruña aprobou por unanimidade de todos os grupos a declaración institucional “A Coruña no mundo global do S.XXI” en apoio ao documento.

• Entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de abril de 2020 o IGADI executará o proxecto “O Xacobeo 2021 e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo Oriente-Occidente” froito da convocatoria de proxectos da Xunta de Galicia –O Teu Xacobeo.

_____________________________________________________________________________
Para calquer información adicional ou contacto coas persoas responsables do proxecto pódese contactar co IGADI no enderezo electrónico info@igadi.org ou nos teléfonos; 986 843 436 ou 600 30 90 66.