A revista do IGADI Tempo Exterior abre un Call for Papers para o ano 2021

Distribuir

Distribuir contido
12 · 03 · 2021

No marco da terceira época da revista semestral Tempo Exterior, o equipo da publicación lanza un call for papers para os números correspondentes ao ano 2021, número 42 (xaneiro-xuño) e 43 (xullo-decembro). Podes ver aquí os chamados en galego, inglés, castelán, e portugués.

Os textos deben ser enviados para o e-mail: tempoexterior@igadi.gal con anterioridade ao 2 de maio e seguir as normas de publicación da revista.

Podes consultar o histórico da revista aquí.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais