Arranca o proxecto ”O Xacobeo 2021 e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo Oriente-Occidente”

Distribuir

Distribuir contido
02 · 10 · 2019

 

- A iniciativa ten coma obxectivo xeral promover as relacións de Galicia con China no horizonte do S.XXI, desde o contacto e o diálogo entre o Camiño de Santiago e a Ruta da Seda como itinerarios para o encontro multicultural.

- O proxecto nace da convocatoria “O Teu Xacobeo 2019” impulsada pola Consellería de Turismo e Cultura da Xunta de Galicia, ao que se sumarán achegas para a súa financiación dos Concellos de Santiago, A Coruña, Pontevedra e Lugo.

- Podes acceder as notas de prensa en galego, español, portugués, inglés e francés. IGADI 研究中心关于推进 'O Teu Xacobeo da Xunta'合作项目框架下的中国和加利西亚发展关系的方案(计划)

 

 

O IGADI, cunha forte relación desde a súa fundación no 1991 tanto coa acción exterior oficial galega, como con China e Asia, promove a realización do presente proxecto no contexto da actual Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX) impulsada pola Xunta de Galicia desde marzo de 2018. Así as cousas a intencionalidade explícita do proxecto procura un enfoque integral nas relacións de Galicia con China, máis alá do posicionamento turístico do Xacobeo 2021.

Para dar forma a este obxectivo final, en primeiro lugar o proxecto aspira a identificar unha rede de interese galego-xinesa de natureza multidimensional: institucional, económica-comercial, académica e sociocultural ou turística, que funcione de hub plural e eficaz para as relacións co xigante asiático no horizonte do S.XXI.

En segundo lugar e despois da identificación dos actores fundamentais nas relacións de Galicia con China, o IGADI elaborará durante os meses de duración do proxecto un estudo que identifique as  fortalezas e debilidades, as oportunidades e as ameazas, das relacións Galicia-China, que impliquen a definición dun plan de actuación para o posicionamento de Galicia e o Xacobeo 2021 na China.

Finalmente o proxecto aspira a reforzar o papel de Galicia e especificamente de Santiago de Compostela dentro da Unión Europea, como capital do diálogo UE-China. Desta maneira o 23 de outubro o proxecto presentarase en Santiago de Compostela no contexto do 32ª aniversario da Declaración de Itinerario Cultural Europeo e rematará coa presentación do estudo final arredor das relación Galicia-China, nunha grande conferencia no mes de abril de 2020, coa participación de institucións galegas, chinesas e europeas.

Ao longo dos meses de duración do proxecto, o mesmo contará con canais específicos nas redes sociais de Twitter e Facebook, así como na rede social chinesa, WeChat.

O proxecto contará coa colaboración de Casa Asia, organismo de diplomacia pública creado no 2001 e integrado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, a Generalitat de Cataluña e os concellos de Barcelona e Madrid.
_____________________________________________________________________________
Para calquer información adicional ou contacto coas persoas responsables do proxecto pódese contactar co IGADI no enderezo electrónico info@igadi.org ou nos teléfonos; 986 843 436 ou 600 30 90 66.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais