As charlas online "O Mundo Desde Aquí" achéganse á tecnoloxía e a innovación en Galicia coa presentación do libro "O estrangulamento tecnolóxico de Galiza"

Distribuir

Distribuir contido
15 · 12 · 2020

O economista Diego Sande Veiga protagonizará a última das charlas online de "O Mundo Desde Aquí" que o IGADI organiza desde o ano 2019. A cita será o mércores 16 de decembro ás 19:00 na Canle de Youtube do IGADI e servirá para presentar o seu recente libro "O estrangulamento tecnolóxico de Galiza", editado por Edicións Laiovento a finais deste ano 2020.

Que é a innovación e que papel xoga no benestar das sociedades? Onde está Galicia no contexto europeo e internacional? Como ollamos á década dos 20? Estas serán algunas das preguntas ás que se achegará Diego Sande desde o seu libro, tanto para analizar o pasado ciclo de políticas europeas de innovación rexional, como para pensar o futuro e o horizonte do novo ciclo de planificación europea e galega.

Podes encarregar ou saber máis do libro nesta ligazón

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais