images congreso estudos internacionais galicia 2017 714x264px

Conclusións e vídeos do 2º Congreso de Estudos Internacionais de Galicia: Repensar Europa desde aquí

Podes ver todas as intervención do 2ª Congreso de Estudos Internacionais de Galicia "Repensar Europa desde aquí" na web da UVigoTv

Podes ver todas as intervención do 2ª Congreso de Estudos Internacionais de Galicia "Repensar Europa desde aquí" na web da UVigoTv

CONCLUSIÓNS

II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia

Pontevedra, 18 e 19 de setembro de 2017

 

  1. Europa vive un momento particularmente vibrante pero non menos turbulento. A encrucillada actual vese determinada pola graduación dunha crise socioeconómica que ten cuestionado seriamente a viabilidade do seu proxecto de integración. Esta conxuntura vese fundamentada pola aparición de expresións políticas extremistas, euroescépticas e antieuropeístas, que denotan a aparición de síntomas de descontento social.

  2. Europa debe construír cidadanía, fortalecida esta a través dunha identidade compartida e comprometida cos valores democráticos. Construír políticas públicas inclusivas que permitan superar o latente desapego cívico do ideal comunitario.

  3. A crise económica e financeira non pode converterse nunha escusa que posibilite a progresiva desarticulación do Estado do benestar, a favor de políticas de austeridade que contribúen a ampliar a disparidade socioeconómica.

  4. Ante este contexto, a (re) definición do proxecto de integración europeo debe, por tanto, compatibilizar os seus logros mais significativos (federalismo, acervo democrático, Estado Social de Dereito, apertura de fronteiras e liberdade de movementos), coas novas demandas e expectativas que van xurdindo dunha sociedade de por si cambiante, e que agora transita polas incertezas da etapa “post-crise”.

  5. A inmigración debe ser observada como unha expresión da multiculturalidade propia da sociedade europea e como un valor engadido do seu proceso de integración, superando e desarticulando aquelas perspectivas de “securitización” que empéñanse en observala como unha ameaza.

  6. O Brexit supón un reto ineludible que debe acometerse con prudencia e claridade de ideas. Tamén como un factor aleccionador que permita redefinir as bases constitutivas do proxecto europeo.

  7. A Europa dos Pobos constitúe unha realidade palpable que debe ser afrontada co maior compromiso democrático. O proxecto europeísta non está divorciado das lexítimas aspiracións dos denominados “nacionalismos periféricos” que ansían a súa expresión e representación.

  8. Europa debe definir unha política exterior e de seguridade autónoma, desprovista dos inalterables imperativos “atlantistas”. Unha política exterior comprometida cos dereitos humanos, coa cooperación e co fomento da democracia.

  9. No relativo aos seus contextos estratéxicos (EUA, Rusia, Europa do Leste, espazo euroasiático, Mediterráneo, Asia-Pacífico), Europa debe apostar por erixirse como un actor chave provedor de consenso e de resolución de conflitos, con capacidade para acadar as transformacións do sistema internacional da “pos-posguerra fría”cara un de carácter multipolar e multilateral.

  10. Neste contexto, Galicia debe converterse nun espazo de reflexión e de impulso de iniciativas que permita repensar o proxecto europeísta. Definindo ideas e áreas de actuación acorde cos nosos intereses comunitarios. Preservando un legado de universalismo e de europeísmo presente no galeguismo histórico do século pasado.

 

Pontevedra, 30 de novembro de 2017.