Diante da crise do COVID-19: Peche temporal da nosa sede no Concello de Pontevedra e suspensión do Ciclo MARZO2020 O Mundo Desde Aquí

Distribuir

Distribuir contido
12 · 03 · 2020

 

Responsabilidade, forzas e cooperación #Covid_19

Diante da crise de saúde do COVID19 desde mañán, día 13 de marzo, pechanse todos os centros socioculturais do Concello de Pontevedra, polo que a nosa sede central no Centro Cívico SUR pecha ata novo aviso. 

Ademais, cómprenos informar tamén da suspensión do Ciclo MARZO2020: O Mundo Desde Aquí na Fac. de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela, coa suspensión das actividades na USC. Faremos todo o posible por reaxendar os encontros con Maria Xose Porteiro e María Reimóndez, xa que os consideramos moi necesarios.

En todo caso a rede de persoas que impulsamos o traballo do IGADI seguiremos en liña desde as nosas casas, podéndonos atopar no teléfono 604 039 754, no enderezo electrónico info@igadi.gal, ou nas redes sociais de Twitter e Facebook.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais