Capa do Tempo Exterior Capa do nº43 do Tempo Exterior

Dispoñible o Tempo Exterior 43: Política Exterior Feminista e moito máis

Palabras chave Tempo Exterior

Pontevedra. O número 43 do Tempo Exterior (xullo-decembro 2021), a revista semestral de estudos internacionais do IGADI, xa está dispoñible na web (igadi.gal). A descarga é gratuíta.

O Tempo Exterior continua a súa nova andaina baixo a dirección de Celso Cancela, achegándose de maneira monográfica á Política Exterior Feminista no número 43, completando a monografía do número 42, arredor dun tema emerxente nas relacións internacionais actuais e transversal desde a perspectiva da Axenda 2030.

Os dous números foron coordinados polos investigadores asociados ao IGADI, Paula Lamoso (UAM) e Antonio Alejo (USC), achéganse a un marco teórico especializado no contexto dos feminismos contemporáneos.

Neste segundo volumen protagonizado pola Política Exterior Feminista contamos con artigos de Mariel R. Lucero, “Desmitificando as políticas exteriores feministas do mundo: o camiño axeitado cara a unha política exterior Arxentina cunha perspectiva de xénero e unha axenda feministas”,  Yolanda Blanco Souto e “A muller no conflito do Sáhara Occidental”, Antonio Alejo con “Diplomacia e xustiza de xénero” e finalmente desde Portugal María Francisca Gonçalves “Uma abordagem Feminista da inclusão fragmentada do género em matéria de segurança da União Europeia”. 

O TE complétase con tres textos na sección de -Miscelánea, con David Alvarado achegándose as “Chaves xeopolíticas trala ruptura Alxeria-Marrocos”, Mónica López Viso “As novas familias tras a separación ou divorcio: unha mirada desde o feminismo” e Xavier Martínez Cobas e Anxela Fernández Callís “COVID-19 e traballadores transfronterizos. Eurocidadáns prexudicados no río Miño e acción local”. O número péchase cunha sova sección para as novas investigadoras e investigadores nos estudos internacionais, cun texto de Daniel “Crise en Europa. Unha análise dos casos de Crimea e Donbas”.

Pódense consultar de balde os artigos deste número 43 en galego así coma na lingua orixinal dos artigos recibidos nesta edición de Tempo Exterior. O número 43 do Tempo Exterior conta co apoio publicitario da Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra.

O próximo número 44, proxéctase para a súa presentación no mes de xullo do 2022. O número coordinado por Serafín Pazos Vidal, achegarase á acción exterior das entidades subestatais no espazo da Unión Europea.

O Consello de Redacción da revista anima ás investigadoras e investigadores galegos a participar no seu Call For Papers e enviar os seus traballos de estudos internacionais para a súa publicación no Tempo Exterior.