O CEPESE e o IGADI organizan o II Congresso de Ação Humanitaria e Cooperaçao para o Desenvolvimento, coa parcería da Universidade Fernando Pessoa

Distribuir

Distribuir contido
04 · 05 · 2022

 

- O II CIAHCD servirá de punto de encontro e debate lusófono arredor dos Dereitos Humanos no ámbito da axuda humanitaria e a cooperación ao desenvolvemento no S.XXI.

- O evento será en liña e celebrarase entre o 6 e o 9 de junho. As inscricións están abertas desde hoxe ata o 3 de xuño. Podes consultar o programa aquí.

- O IGADI participa por medio do OGALUS (Observatorio Galego da Lusofonía), coma un dos coordenadores do evento, dirixido ao público universitario e especializado en cooperación internacional no âmbito da lusofonia.

Corenta destacadas especialistas do Brasil, Portugal, Cabo Verde, Angola e Galicia, achegaránse de maneira panorámica aos debates fundamentais da axenda de Dereitos Humanos actual, atendendo a procesos globais chave como a Axenda 2030 ou a Guerra na Ucraína, asi coma debates propios e novidosos como a presenza de Galicia na lusofonía e as súas ferramentas de cooperación co mundo de lingua portuguesa.

O II CIAHCD achégase desde un enfoque transversal en ciencias sociais ao fenómeno da cooperación internacional e a ação humanitaria no S.XXI, contando con representantes de distintas disciplinas, como xuristas, politólogos, economistas, sociólogos, xornalistas, así como representantes políticos, activistas polos Dereitos Humanos ou representantes do mundo da cultura.

O evento que será organizado por ZOOM, será exclusivo para as persoas inscritas. Aínda que os organizadores do Congresso non descartan facilitar no futuro o vídeo das distintas sesións, en todo caso sen a gravación dos tempos de debate. A inscrición é gratuita, así como a expedición do certificado para aquelas persoas ligadas ás entidades colaboradoras co Congreso.

O Congreso, que é unha iniciativa do CEPESE e o IGADI, conta coa parcería estratéxica da Universidade Fernando Pessoa e o apoio dunha rede de institucións e organizacións colaboradoras co Congreso: Cámara Municipal do Porto, Comissao de Coordenaçao e Desenvolvimento Regional - Norte de Portugal, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Cátedra UNESCO 812 (Universidade Católica de Brasília), CERES (Centro de Estudos das Relações Internacionais), PUCPR (Pontifícia Universidade Católica do Paraná) e Rede Together.

Fagamos a lusofonía do S.XXI, colabore coa difusión! Para calquera consulta a disposición no info.ciahcd@gmail.com ou info@igadi.gal

Podes consultar o programa aquí.

Nesta ligazón pode inscribirse.

 
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais