images igadi o xacobeo 2021 e a ruta da seda caminos para o dialogo oriente occidente final

O IGADI abre as inscricións para as Xornadas ONLINE “O Xacobeo 2021 e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo Oriente-Occidente”

- As Xornadas construirán o 14, 15 e 16 de outubro de 2020 un foro global arredor das relacións entre Galicia e China, no marco do diálogo Unión Europea-China e a Axenda 2030 de Nacións Unidas.

- Nas Xornadas participarán investigadoras e analistas de entidades coma a Academia de Ciencias Sociais da China, o Real Instituto Elcano, o Instituto de Oriente (Portugal), o Foro Macau, Cátedra China, o Centro de Estudos e Investigación sobre Asia Oriental (UAB), a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en China ou a Asociación de Galegos en China, entre outras.

- O programa completo das Xornadas pódese consultar na web china.hub.gal onde o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) tamén centraliza as inscricións, que son gratuitas. Pódense consultar as notas de prensa en chinés, inglés, portugués e español.

As Xornadas distribúense en tres intensos días con sesións de mañán e tarde. Ao longo das 10 sesisóns programadas participarán expertas e expertos de China, España, Portugal e Galicia. Economistas, politólogas, xornalistas, investigadores ou profesores de idiomas danse cita para coñecer e repensar as relacións de Galicia con China e o diálogo Unión Europea-China, no marco da Axenda 2030 e a pandemia global da Covid19.

As Xornadas produciranse tamén no contexto da volta ao Parlamento de Galicia para a súa aprobación do proxecto da Lei de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento. Así as cousas o papel da diáspora galega na China, as relacións de Galicia co mundo da lingua portuguesa (oficial en Macau), o papel das nosas cidades na proxección da Galicia global, ou o diálogo final na última sesión das Xornadas, o venres 16 de outubro ás 18:00, entre a Rede Galicia-China identificada polo informe do IGADI no marco do proxecto, aspiran a poñer enriba da mesa as potencialidades dunha acción exterior de Galicia con vontade de retorno para a nosa sociedade.

Para a inscrición formal, que da dereito a un certificado si se supera o 60% da asistencia, precisarase a aplicación ZOOM, entorno virtual onde se producirán as Xornadas. Ademais retransmitiranse de maneira aberta en directo pola Canle de Youtube do IGADI.

As Xornadas poñen punto final á primeira fase do proxecto “O Xacobeo e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo Oriente-Occidente” (iniciado o 1 de novembro de 2019) que naceu da convocatoria “O Teu Xacobeo 2019” impulsada pola Xunta de Galicia, ao que se sumaron achegas para a súa financiación dos Concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra e Lugo. No proxecto ideado polo IGADI colabora de maneira moi especial Casa Asia.

O IGADI agradece a difusión das Xornadas, estando a disposición para máis información ou xestión de entrevistas chamando ao 600309066 ou escribindo a info@igadi.gal