O IGADI e o Concello de Pontevedra abren un ciclo de conferencias sobre política e conflitos internacionais

No marco do seu 25º aniversario, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org), en colaboración co Concello de Pontevedra, organizan o próximo martes 24 de maio, a partir das 19:00 horas, na Casa da Luz (Praza da Verdura, s/n), un ciclo de conferencias titulada “Mirando ao Mundo”, e que servirán para fomentar a reflexión e a discusión sobre diversas problemáticas e tendencias existentes na política internacional, dos conflitos e mecanismos de cooperación internacionais así como da confluencia de intereses dos actores tradicionais e doutros emerxentes dentro do sistema global.

 As charlas “Mirando ao Mundo” serán inauguradas o próximo martes 24 de maio coa participación da profesora Nazanín Armanian, investigadora e docente da UNED, quen presentará a súa conferencia baixo o título: “Os Refuxiados. Xeopolítica dunha crise”. A súa conferencia permitirá coñecer o contexto xeopolítico polo que transita o drama humanitario da persoas refuxiadas, a dinámica de conflitos como o de Siria e as súas consecuencias na configuración dos presumibles cambios que se anuncian dentro de Oriente Medio e colateralmente da contorna mediterránea.

Nacida en Shiraz (Irán) e exiliada en España desde 1983, Armanian é profesora de Relacións Internacionais e titora en Ciencias Políticas pola UNED, tradutora xurada ao castelán do idioma persa/farsi e colaboradora en diversos medios de comunicación sobre asuntos de política internacional e de Oriente Medio, con especial participación en cursos online sobre Mundo Islámico coa Universidade de Barcelona (2008-2012). Así mesmo, Armanian é igualmente autora de diversos libros e artigos sobre política e cultura de Irán, do Curdistán e de Oriente Medio.

As charlas “Mirando ao Mundo” organizadas polo IGADI e o Concello de Pontevedra proseguirán ao longo de 2016 a través de diversas conferencias, entre as que destacan: “Chechenia e outros conflitos da periferia rusa”, impartida por Marta Ter Ferrer, da Liga dos Dereitos dos Pobos (setembro); “Curdistán. O país prohibido” a cargo de Leyla Zana, activista e feminista curda (outubro); e finalizará en novembro coa conferencia “Presente e futuro das esquerdas en América Latina”, ofrecida por Ignacio Ramonet, director da edición española de Le Monde Diplomatique.