O IGADI expresa o seu pesar pola morte de Xosé Luís Franco Grande

Faleceu esta mañá o escritor e intelectual Xosé Luís Franco Grande.  Académico e figura indiscutible das nosas letras, Franco Grande formaba parte do Consello Reitor do IGADI, ao que contribuíu nos últimos anos de maneira comprometida e entusiasta.

Vinculado ao galeguismo e humanismo, ensaísta notable ademais de poeta e articulista, Franco Grande mantivo sempre un fondo interese polos asuntos internacionais e nomeadamente europeos, que abordou en numerosas reflexións.

Franco Grande compartía co IGADI a importancia de contar en Galicia cunha visión propia dos asuntos globais como premisa para lograr un maior aproveitamento da nosa presenza no mundo.

Home de grande cultura e saber, foi un dos artífices do rexurdir cultural de Galicia no século XX e figura clave para coñecer e interpretar a evolución do galeguismo na posguerra.

O IGADI quer transmitir á súa familia e amigos o seu máis fondo pesar por tan irreparable perda.