O IGADI pecha o 2020 pensando a pandemia desde Galicia cun evento online global

Distribuir

Distribuir contido
15 · 12 · 2020

O próximo xoves 17 de decembro ás 12:30 presentarase a publicación en liña “O Mundo Desde Aquí 2020: A pandemia da Covid19” realizada polo IGADI grazas ao apoio do Concello de Pontevedra e a súa Concellería de Normalización Linguística. O evento poderase seguir na Canle de Youtube do IGADI.

A publicación achégase desde múltiples voces ao ano 2020 e a pandemia da Covid19. Por medio das testemuñas de 26 persoas da rede internacional do IGADI (de 23 países e 4 continentes) e artigos breves que responden a tres preguntas abertas: Como viviu o confinamento o teu país? Que cousas mudaron nel durante o 2020? Que expectativas hai para o 2021? "O Mundo Desde Aquí 2020: A pandemia da Covid19" da conta do caos mundial durante o ano que xa remata.

No evento online do xoves 17 de decembro participarán 14 das persoas colaboradoras coa publicación, que achegarán a súa ollada á pandemia por medio de intervencións breves, xunto con espazos para o coloquio e as preguntas das persoas que sigan o evento en directo.

Con esta actividade o IGADI pecha as actividades da súa canle de YouTube para o ano 2020, logo das Xornadas Xacobeo e a Ruta da Seda, Novos tempos para A Coruña global ou as Charlas O Mundo Desde Aquí.

Descarrega a publicación aquí.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais