images adaptacion xenerica acorunaXXI

O IGADI presenta o Ciclo de Coloquios ONLINE “Novos tempos para a acción exterior de Galicia: A Coruña global no mundo do S.XXI”

- O IGADI, co apoio do Concello da Coruña, organiza un ciclo de coloquios online coa participación de destacados analistas, políticos, empresarios, académicos, e a sociedade civil, para analizar colectivamente o desenvolvemento e futuro internacional da Coruña e Galicia. 

- O ciclo sucederase ao longo de 5 semanas, todos os martes desde o 3 de novembro até o martes 1 de decembro de 2020. Sempre ás 19:00 en directo na Canle de Youtube do IGADI. Para ter certificado de asistencia cúmpre inscribirse e participar na Sala de ZOOM. Todo o programa e a inscrición atópase dispoñible na páxina web acoruna.hub.gal

O ciclo, creado polo IGADI en colaboración co Concello da Coruña, nace co obxectivo de xerar un foro colectivo de cidade no que se debata e promova o relato da Coruña como cidade internacional conectada á Axenda 2030 de Nacións Unidas e a Axenda Urbana do Concello, establecendo novas oportunidades, contacto e coñecemento para a cidadanía e os axentes sociais da Coruña.

Segundo Daniel González Palau, director do IGADI “o ciclo nace así para impulsar o desenvolvemento das Bases de Acción Exterior A Coruña, coma punto de inflexión colectivo na relación do local co global na cidade, coma unha capital atlántica europea e parte indispensable do conxunto da acción exterior galega, actualmente en foco pola tramitación da Lei de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento no Parlamento de Galicia”.

As cinco sesións do Ciclo achéganse de maneira plural á historia recente da Coruña na globalización (martes 3 de novembro), ás redes da nova e vella diáspora conectada á cidade (10 de decembro), ao mar, a ciencia e a cultura como elementos diferenciais da cidade (17 de novembro), ao municipalismo desde a Axenda 2030 e as redes internacionais de cidades (24 de novembro) e finalmente ás ameazas e ás oportunidades da globalización no contexto actual de incerteza nos tempos da Covid19 (1 de decembro).

O Ciclo ONLINE fai parte do convenio entre o Concello da Coruña e o IGADI neste 2020.

Para máis información contactar con info@igadi.gal ou no teléfono 600309066.