images igadi o mundo desde aqui 2019 06 cartaz2

O Mundo Desde Aquí, todos os xoves de xuño na Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

 

images igadi o mundo desde aqui 2019 06 cartaz2

 

O ciclo de charlas e presentación de libros -O Mundo Desde Aquí desenvolverase ao longo de todo o mes de xuño na Casa das Campás de Pontevedra, os xoves 6, 13, 20 e 27, a partir das 20:00. O ciclo procura abrir un espazo de encontro para pensar o mundo desde Galicia, aproveitando temáticas variadas e a recente publicación de libros da rede de persoas colaboradoras e investigadoras asociadas do IGADI. Podes axudarnos a difundir o ciclo desde o evento en facebook.

A tarefa de abrir o ciclo será para Roberto Mansilla, analista do IGADI e parte do seu equipo permanente, o próximo xoves 7 de xuño coa charla, O fútbol e o poder nos mundiais, unha reflexión sobre a relación entre a xeopolítica e o deporte, especialmente focado na historia dos Mundiais e que servirá para presentar o seu último libro “La Vida en un balón. Historias y Anécdotas del fútbol” (Editorial Punto
Rojo, 2019).

Posteriormente o xoves 13 o mexicano e Doutor en Ciencias Políticas, Antonio Alejo, presentará “Política Global y Sociedad Civil en las Américas: Nuevas Diplomacias en Argentina y México” (La Catarata, 2017) achegándonos ao concepto transformador da paradiplomacia cidadá, vinculado a nivel universal á loita global polos Dereitos Humanos e a capacidade dos novos movementos sociais de penetrar e incidir na axenda internacional.

O xoves 20, María Xosé Porteiro, xornalista, política, escritora e parte do Consello Reitor do IGADI presentará a súa novela Sándalo (Xerais, 2019) por medio da ponencia A diáspora galega e América, introducíndonos na trama e no contido das relacións de Galicia con América, un dos tesouros do noso carácter internacional.

Finalmente o xoves 27 de xuño, Moncho Iglesias, escritor, investigador asociado do IGADI e actualmente profesor de español en Bangladesh presentará a charla O mundo en viaxes, desde a presentación do seu onírico último libro –Tren (Urutau 2018), concibido durante a estancia de dous anos en China do autor.

O horario da actividade comprende de 20:00 a 21:30. O Director do IGADI, Daniel González Palau, será o responsable de presentar as catro citas do ciclo. Todas as Charlas son de libre asistencia.

Para calquer información adicional ou contacto para entrevistas pódese contactar co IGADI no enerezo electrónico info@igadi.org ou nos teléfonos; 986 843 436 ou 604 03 97 54.