images tempoexterior 41

Sae a luz o Tempo Exterior Nº41: Da xeración NÓS á proxección internacional de Galicia

No marco do centenario do nacemento da Revista NÓS, conmemorado durante o 2020, o Tempo Exterior Nº41 (xullo-decembro 2020) centra a súa monografía principal nas orixes e significados actuais da universalidade de Galicia. O número conta ademais cunha miscelánea na que pensamos as relacións de Galicia coa China, revisitamos a figura de Eça de Queiroz coma prócer dos Dereitos Humanos e analizamos os primeiros efectos das eleccións estadounidenses de novembro de 2020.

Palabras chave Galicia Nós internacional

A monografía central do número, coordenada polo membro do Consello de Redacción da revista, Uxío Breogán Diéguez, confórmase por cinco artigos de recoñecidos expertos na materia. No obxectivo de realizar unha lectura actual do significado da Xeración NÓS o número ábrese cun texto de Argimiro Rojo arredor do concepto de nación vinculado aos novos paradigmas en relacións internacionais. Desde unha perspectiva histórica Justo Beramendi mergúllase nas primeiras relacións internacionais do nacionalismo galego, así como Xosé Estévez repasa o nacemento do Galeuzca orixinario e a súa evolución no longo exilio. Finalmente Mario Regueira achégase á dimensión atlántica e céltica de Galicia impulsada polos membros da Xeración, así como nun artigo conxuntamente asinado por Rubén Lois, Breixo Martín e JM Trillo Santamaría, pensan desde as relevancias da xeografía á inserción de Galicia en Europa en liña cos postulados da Revista NÓS.

O número 41 conta tamén cunha miscelánea aliñada coas áreas de traballo principais do IGADI, primeiramente cos artigos de Marola Padín e Joao Casqueira, arredor das ligazóns de Galicia coa China, así coma do papel de Eça de Queiroz nas relación sino-portuguesas e o seu papel de prócer dos Dereitos Humanos. Houbo aínda espazo para a análise das eleccións estadounidenses por parte de dous membros do Consello Científico do Tempo Exterior, Jared Larson desde os USA e Angel Israel Rivera Cruz desde Porto Rico.

O IGADI anima á subscrición da revista en papel para facer dela un instrumento sostible que reforce o traballo integral da entidade para ser nós no mundo.

O Tempo Exterior Nº41 pódese consultar online aquí.