Tempo exterior Nº 30: Os desafíos da paz en Colombia ante un novo contexto hemisférico

As negociacións que desde 2012 se levan a cabo na Habana (Cuba) entre o goberno colombiano de Juan Manuel Santos e as guerrillas das FARC e o ELN, define o momento histórico mais decisivo orientado a pór fin ao conflito hemisférico de maior lonxevidade. Nesta perspectiva, e a pesar dos reiterados obstáculos e constantes ameazas de ruptura, o actual proceso de pacificación en Colombia afronta escenarios de postconflito nos que a comunidade internacional terá un papel decisivo.

As negociacións que desde 2012 se levan a cabo na Habana (Cuba) entre o goberno colombiano de Juan Manuel Santos e as guerrillas das FARC e o ELN, define o momento histórico mais decisivo orientado a pór fin ao conflito hemisférico de maior lonxevidade. Nesta perspectiva, e a pesar dos reiterados obstáculos e constantes ameazas de ruptura, o actual proceso de pacificación en Colombia afronta escenarios de postconflito nos que a comunidade internacional terá un papel decisivo.

A eventual pacificación en Colombia subliña un novo momento político dentro do contexto latinoamericano. Sen esquecer outros acontecementos como a normalización de relacións diplomáticas entre EUA e Cuba e o impacto hemisférico da interminable crise política venezolana, este novo contexto rexional implica observar diversos movementos dentro do seu péndulo político e xeopolítico, con particular atención á previsible etapa “post-kirchnerista” na Arxentina así como a consolidación de China como un socio económico estratéxico da rexión.

Este novo contexto hemisférico non escapa da consolidación dun novo status quo (Fronte Ampla na Uruguai, indixenismo en Bolivia) e da ampliación rexional doutras realidades paradiplomáticas (estados brasileiros), que definan paralelamente a afirmación de alternativas de acción exterior. Noutras latitudes, debe observarse con atención o avance de procesos de integración impulsados por Beijing, como é a Ruta de Seda do Século XXI nas súas vertentes terrestre e marítima.

Estes temas son abordados no último número da revista Tempo exterior, Nº 30, período Xaneiro-Xuño de 2015, publicación do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org) dirixida polo seu director, Xulio Ríos.

Neste número, Colombia ocupa o seu tema central, a través das análises realizadas por expertos do Observatorio de Construción de Paz da Universidade “Jorge Tadeo Lozano” de Bogotá. Compre aquí destacar os dilemas e desafíos do actual proceso de paz (Miguel Barreto Henriques), as leccións de pacificación e reconciliación a través de experiencias piloto (Egoitz Gago Antón) e a implicación da comunidade internacional como actor decisivo en escenarios postconflito (Angélica Alba Cuéllar)

A actualidade sudamericana amplíase cara a celebración das eleccións presidenciais arxentinas previstas para o próximo 27 de outubro. Analízase en qué medida o “kirchnerismo” no poder desde 2003 permitiu reconfigurar o campo político e ideolóxico arxentino (Julio César Spota), así como afianzar unha relación económica cada vez mais estratéxica con China (Carlos Escudé), escenarios igualmente enmarcados nunha etapa de transición económica mundial e de transitoriedade presidencial. Completan este apartado unha análise sobre os erros das enquisadoras no ciclo electoral uruguaio de 2014 (Gerardo Caetano e Lucía Selios), que reafirmaron a hexemonía política e electoral establecida pola Fronte Ampla desde 2004; o alcance da interculturalidade en Bolivia, en particular ante a reafirmación política e constitucional do indixenismo (Sara Collazo Santaclara); e unha reflexión sobre o impacto rexional da paradiplomacia realizada por diversos estados brasileiros (Yuri Fraccaroli).

Fóra da área latinoamericana, Tempo exterior Nº 30 céntrase nas particularidades xeopolíticas establecidas en torno ao proxecto da Ruta da Seda do Século XXI impulsado por China. Ocupan así a atención as reflexións sobre o peso xeopolítico de Asia Central (Sunamis Fabelo Concepción e Ángel Rodríguez Soler) e as dimensións, alcances e estratexias establecidos en torno á Ruta da Seda (Xulio Ríos