
- As Visitas ao local, ubicado no Centro Cívico Sur do Concello de Pontevedra, comezaron o pasado venres 22 de abril e espallaranse no calendario até o 24 de xullo, realizándose actividades variadas con persoas e entidades do ecosistema da asociación, así coma representantes institucionais, políticos, académicos…
- No proceso, desvelarase a nova web da entidade, proxectada para a súa estrea o 9 de xullo, Día da Galicia Exterior.
- O martes 26 ás 12:00 darán inicio as visitas institucionais coa visita do Alcalde Miguel Anxo Fernández Lores ao local do IGADI no Centro Cívico Sur.