Xa dispoñible a décimoquinta edición do IGADI Annual Report (2021-2022) “Desorde pandémico, interdependencias e guerra”.

Distribuir

Distribuir contido
08 · 06 · 2022

- A análise do acontecido nos últimos meses que fai o IGADI Annual Report (2021-2022) permite entender mellor o momento que vive o mundo coa Guerra da Ucraína e a resaca da pandemia da Covid-19 ao fondo.

-O IGADI Annual Report desvela como no 2021-2022 se desatan as desordes fraguadas nas últimas décadas que levaron a por en tensión o sistema de regras da sociedade internacional, mesmo chegando a destapar o tabú nuclear.

O IGADI Annual Report (2021-2022) presentarase o día 20 de xuño coa Secretaría Xeral de Política Linguística, en Santiago de Compostela, ás 10:00 na sede da rúa de San Roque. Pódese descarregar o IAR aquí.

     

Os impactos da guerra Ruso/Ucraína afectan a todos os valores nos que descansaba a Sociedade Internacional: puxo en crise a orde liberal actual (Rafael García, Universidade Pablo Olavide, España), fai que haxa que revisar como funciona o dereito ao refuxio en Europa (Antía Pérez Caramés, Universidade da Coruña) ou seguir atentamente o alcance dos preitos que Rusia mantén nas súas fronteiras e a posible evolución militar no terreo (Miriam Fernández, xornalista en Descifra la Guerra). Sen esquecer a China neste seu ano clave (Raquel Isamara de la Rosa, Universidade de Colima, México); un 2022 no que ían ser fundamentais as repercusións dos Xogos Olímpicos de Tokio e Beijing (Pan Zhen e Lan Bo, Universidade Normal de Jiangsu).

IGADI Annual Report tamén repasa algúns cambios substanciais en varios conflitos ‘históricos’ como as que se produciron nas relacións  europalestinas (Bichara Khader, Universidade de Lovaina, Bélxica) ou no Afganistán (Alberto Trillo Barca, xornalista en Nacións Unidas), que a guerra dálles outra dimensión.

Tampouco podemos interpretar igual a crise climática (Xosé Vieiras, Investigador e consultor ambiental), os desenvolvementos do mundo dixital como as ‘criptomoedas’ ou o ‘metaverso’ (Isaac González, Enxeñeiro Informático e divulgador) e, naturalmente, a crise loxística do comercio mundial (Alejandro Molíns, Consultor de comercio internacional e Presidente da Fundación e Fondo Documental Alejandro Molíns).

O anuario pecha a súa 15ª edición achegándose as personaxes do ano, destacando nesta edición as figuras da ximnasta Simone Biles, o novo chanceler alemán Olaf Scholz, a directora xeral da OMC, Ngozi Okonjo-Iweala, a presidenta de Honduras, Xiomara Castro, e o presidente de Ucraína,  Volodímir Zelenski.

O IAR 21-22 O IGADI conta coa edición xeral de Daniel González Palau (Director IGADI) e Marola Padín (Vocedirectora IGADI) e a participación de investigadores asociadas, membros do Consello Científico da Revista Tempo Exterior e do Consello Reitor do IGADI. 

 

 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais