XIII edición do Premio Plácido Castro de Tradución

A Fundación Plácido Castro da que forman parte os concellos de Corcubión, Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), convocou o Premio Plácido Castro de Tradución destinado a promover versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal. Lémbrase, deste xeito, a figura de Plácido Castro, humanista, liberal, cosmopolita, símbolo da universalidade do nacionalismo galego que quixo estimular coas súas traducións a recuperación explícita da nosa identidade.

Iniciado en 2001, este premio ten recoñecido a excelencia da obra tradutora de autores como Lois Tobío,  Valentín Arias, Xesús Riveiro Costa, Enma Lázare, Xela Arias, Moisés Rodriguez Barcia, Fernando Pérez-Barreiro Nolla, Iolanda Galanes, Marta Panero Louzán, Xoán Montero, Ekaterina Guerbek, Ánxela Gracián, María Reimóndez Meilán, Emilio Valadé del Río, Natalia Cora, Rebeca Lemat, Susana Collazo, Fernando Moreira Corral, Camiño Noia, Elena Sherevera ou Lourenzo Maroño. Por primeria vez, a edición 2012 quedou deserta.

De conformidade coas bases, no premio poden participar aquelas persoas que envíen algunha obra traducida ao galego para ser incluída na biblioteca virtual (http://tradutoresgalegos.com/bivir.html). O prazo de envío remata o 1 de Maio de 2014

O xurado terá en conta fundamentalmente os seguintes criterios: corrección lingüística e ortotipográfica, calidade da versión, criterios de lectura e interpretación do orixinal, relevancia da obra nas culturas de orixe e chegada e adaptación ao destinatario.

O premio está dotado con 2.000 euros en metálico e a publicación da obra por parte de Rinoceronte Editora, entidade colaboradora desta convocatoria. Ademais, contará cun diploma acreditativo e unha peza escultórica deseñada expresamente para o evento, obra de Xaquín Chaves.

Mais información en info@tradutoresgalegos.com ou en info@igadi.org