Noticias

Distribuir

Distribuir contido
  • 11 de Agosto de 2014

    O INSTITUTO GALEGO DE ANÁLISE E DOCUMENTACIÓN INTERNACIONAL, www.igadi.org, convoca unha praza para a realización de prácticas formativas e non retribuídas.  

    A devandita formación práctica terá como obxectivo afondar no coñecemento directo do funcionamento da actividade do centro e as súas principais áreas de traballo, tanto relacionadas coa investigación como coa xestión.

  • 20 de Xuño de 2014

  • 14 de Xuño de 2014

    O xurado do Premio de Tradución Plácido Castro na súa décimoterceira convocatoria, correspondente ó ano 2013, decidiu, por maioría,declarar deserto  o premio.

  • 30 de Abril de 2014

    RESOLUCIÓN POLA QUE SE ADXUDICAN DÚAS (2) BOLSAS “HUAYU” PARA O ESTUDO DE LINGUA CHINESA EN TAIWÁN

  • 8 de Febreiro de 2014

    En virtude do convenio de cooperación subscrito entre a Academia de Taiwán e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), anúnciase a apertura da convocatoria de DÚAS (2) BOLSAS de HUAYU 2014 para aprendizaxe do idioma chinés mandarín por un período de SEIS (6) MESES na República de China (Taiwán).

  • 15 de Xaneiro de 2014

    Versará sobre a obra plástica de Plácido Castro

  • 25 de Setembro de 2013

    A Fundación Plácido Castro da que forman parte os concellos de Corcubión, Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), convocou o Premio Plácido Castro de Tradución destinado a promover versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal. Lémbrase, deste xeito, a figura de Plácido Castro, humanista, liberal, cosmopolita, símbolo da universalidade do nacionalismo galego que quixo estimular coas súas traducións a recuperación explícita da nosa identidade.

  • 16 de Agosto de 2013

  • 3 de Xullo de 2013

    A revista Tempo exterior, publicada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, e dirixida por Xulio Ríos, achégase ao seu Nº 26, período Xaneiro-Xuño de 2013, ofrecendo como tema central unha ampla reflexión sobre o anteproxecto de lei de Acción Exterior e do Servizo Exterior presentado polo Goberno central, en especial no relativo ao futuro da Acción Exterior das Comunidades Autónomas.

  • 7 de Xuño de 2013

    Novidades editoriais da Fundación Plácido Castro

    Un galego en Irlanda e Máximas e Reflexións

    A Fundación Plácido Castro vén de editar “Un Galego en Irlanda”, a crónica da viaxe que o galeguista de Corcubión (1902-1967) realizou a terras irlandesas en 1928. A serie, composta por seis artigos, foi publicada no diario El Pueblo Gallego entre o 24 de agosto e o 21 de setembro de 1928. A edición preparada pola Fundación inclúe versión en inglés e un apéndice fotográfico do autor con numerosas instantáneas inéditas.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais