Programa “Seguridade, Conflitos e Alternativas no Sistema Internacional”
1. Obxectivos e plan xeral de traballo
O programa de investigación "Seguridade, Conflitos e Alternativas no sistema internacional"concibido dende o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org) aspira a contribuír na análise e afondamento de determinados conflitos internacionais de relevancia e dos escenarios de cambio dentro do sistema internacional, que permitan perfilar novas pautas de actuación no mundo global.
A estrutura deste programa constará dun Director e dun Equipo Central composto polos diferentes membros, entre quen se espera incluír a habituais colaboradores e tamén a outras persoas do ámbito profesional e académico, que estean interesados en integrarse, establecendo un marco de participación plural e internacional.
O programa actual aspira igualmente a constituír un foro de debate e reflexión que permita consolidar un espazo público social e comunicativo. Así, se establecerán os seus eixes orientadores, as propostas de investigación a realizar e unha dinámica específica de actividades, tanto restrinxidas como de vocación pública.
En cada Programa se desenvolverán catro planos de actuación: información e debate sobre os aspectos mais destacables da xestión do IGADI nese campo; a reflexión creativa sobre a liña de traballo; propostas de orientación estratéxica; e actividades de intercambio de experiencias e de implicación social.
2. Equipo de traballo
Director: Roberto Mansilla Blanco (IGADI) rmansilla@igadi.org
- David Reinero > Xornalista e colaborador do IGADI > reinero@ole.com
- Pilar López-Dafonte Suanzes > Investigadora asociada (IGADI) > pilardafonte@yahoo.com
- Roberto Mera > Colaborador do IGADI > robertomera@terra.es
- Daniel González Palau > danielgpalau@hotmail.com > dpalau@igadi.org
Colaboradores
- Jared D. Larson > Universidade de Delaware (EEUU) > jlarson@igadi.org / jlarson@udel.edu
- Moncho Iglesias Míguez > Analista colaborador do IGADI (Palestina) > monchitinho@yahoo.com
- David Alvarado > Politólogo (Rabat) > dalvaou@gmail.com
- Jaume Giné Daví > Departamento de Economía Aplicada da Universidade Autónoma de Barcelona > Jaume.gine@uab.cat
- María Vila Rebolo > mariavila1@hotmail.com
3. División temática e por escenarios
a) Escenarios dos conflitos:
Estudaranse aqueles conflitos que resulten de maior interese nas liñas habituais
de análise promovidas polo IGADI dende a súa fundación. Entre outros, pódense citar: Sáhara, Comunidade bérber, Palestina, Curdistán, Sri Lanka, Cáucaso, Colombia, etc.
b) Alternativas de cambio no sistema internacional:
O obxectivo está dirixido a realizar un seguimento analítico e informativo de determinados escenarios de cambio ou ruptura coas pautas tradicionais existentes no sistema internacional, especificamente centrados nos países en desenvolvemento e as súas alternativas de cambio:
-
A Alternativa Bolivariana para as Américas (ALBA):
Un “novo socialismo” dende o Sur: Venezuela, Cuba, Bolivia, Nicaragua, Ecuador, Honduras, Dominica, San Vicente e Granadinas. -
Indixenismo e movementos sociais:
Novos e influentes actores políticos en América Latina. - O reto global das “potencias emerxentes”
- Multipolaridade e multilateralidade no sistema global do Século XXI
4. Metodoloxía
- Establecer as liñas prioritarias de investigación e de difusión do programa.
- Reanudación da "Guía Exterior" e dos “IGADI Paper” como ferramentas de traballo, con carácter analítico e didáctico, afondando nas claves que encerran diversas problemáticas da política internacional que posúan amplo interese e repercusión informativa. Difusión dixital, na prensa escrita e na comunidade académica, como ferramenta de análise e documentación universitaria.
-
Reunións do grupo de traballo, a fin de definir estratexias de actuación e difusión. Periodicidade: 1-2 veces ao ano.
Data da primeira reunión do Equipo Central:
Sábado 4 de xullo de 2009. na sede do IGADI en Baiona 12:00 am - Fomentar a publicación dun libro ou estudo colectivo. Neste apartado, está a disposición a utilización da colección "Texturas Internacionais" do IGADI.
- Plan de Actuación e Impacto social:
a) Organización de actividades, conferencias, charlas-debate, mesas redondas, presentación de libros e publicacións, como vehículos de reflexión, discusión e divulgación do programa de investigación. O obxectivo está dirixido a concretar actividades de información e difusión do programa de conflitos, a través da colaboración de entidades, universidades, ONGs, medios de comunicación, etc.
b) Foros por Internet, Simposios electrónicos con “think tanks”, universidades e outros centros de investigación dentro e fora de Galicia; publicación web dos artigos, comentarios, colaboración con outros medios informativos dixitais; habilitación dun “blog” interactivo na páxina do IGADI, aberto ao público, que permita debater e compartir ideas e opinións sobre temas a determinar.
c) Cooperación e colaboración académica para a realización de seminarios, conferencias e mesas redondas como actividades que formen parte dos programas de estudos das facultades das tres principais universidades galegas que conten con carreiras afíns ao programa de estudos e ás áreas de investigación do IGADI.
Neste sentido, cumpre considerar a realización periódica semestral dun seminario, de carácter optativo, a ofrecerse nas universidades galegas que atenda ás especificidades deste programa. Igualmente, buscarase revitalizar o curso“Información e Relacións Internacionais”, organizado polo IGADI entre 2002 e 2006, coa colaboración das Facultades de Políticas e Xornalismo (USC).
- Tema central de investigación: “A Alternativa Bolivariana para as Américas (ALBA)”
Impulsada polo presidente venezolano Hugo Chávez a partir de 2005, no marco da súa idea plasmada no Socialismo do Século XXI, a aparición da Alternativa Bolivariana para as Américas (ALBA) como mecanismo de integración latinoamericana (baseada na loita contra a pobreza, a exclusión social, a integración humanitaria e autóctona) supón un reto histórico cara os tradicionais procesos de integración existentes no continente latinoamericano, especificamente nas últimas dúas décadas, determinadas pola preponderancia da integración de carácter económica e comercial, traducida en imperativos de corte liberal.
- Observatorio do ALBA
Dentro do Programa de Investigación “Conflitos, Seguridade e Alternativas no Sistema Internacional”, coa temática principal de investigación centrada na Alianza Bolivariana para as Américas (ALBA), configurase o “Observatorio do ALBA” como espazo actualizado de información e análise, sobre a evolución e dinámica desta alternativa de integración latinoamericana.

.Artigos.
2210 artigos
144
|
35
|
296
|
22
|
37
|
159
|
153
|
69
|
98
|
43
|
101
|
804
|
18
|
231
|

