Estratexia de Acción Exterior de Galicia. 2007

Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, Presidencia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, xullo 2007, 70 páxinas.

Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, Presidencia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, xullo 2007, 70 páxinas.


A “Estratexia de Acción Exterior de Galicia” é un documento elaborado por un comité de expertos, entre os que cabe destacar a presenza de Xosé Luís Rodríguez Pardo, membro do Consello Asesor do Igadi, e de Xulio Ríos, director do Igadi, que tenta definir o roteiro da presenza galega no mundo, a partir das súas propias necesidades e potencialidades. A reflexión foi coordinada polo ex presidente da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe, membro do Consello Académico de Tempo Exterior, a revista de análise e estudos internacionais do Igadi.Despois do “Libro Branco da Acción Exterior de Galicia”, é o segundo documento programático no eido da paradiplomacia galega.